16 curiosidades sorprendentes sobre o café que poida que non coñezas

Interrogante formado por grans de café.

Dezaseis datos e curiosidades do café que quizá che sorprendan.

Desde a historia dun Rei que perseguiu a bebida ata o feito que é a bebida máis consumida no mundo e a segunda materia prima máis negociada do planeta só por encima estaría o petróleo.
 

Sí, cafeteiros, o café está cheo de sorpresas, e hoxe falaremos de algunhas, delas.

1 - Hoxe bebemos millóns de persoas cafe no mundo grazas a un cabreiro e un rabaño de cabras afeccionadas ás os foitos da cafeeira.

En Etiopía crecían e crecen uns froitos vermellos parecidas a unha cereixa nun arbusto ou pequena árbore, froito que un rabaño de cabras decidiu comer, cousa da fame ou do gusto das cabras, cuestión aínda por determinar nalgún sisudo estudo dalgunha afastada Universidade probablemente estadounidense.
 
O cabreiro que as coidaba, Kaldi, di a lenda que así se chamaba deuse conta do estraño comportamento das cabras cando consumían os froitos.
 
Cuestión complicada e difícil só á altura dun gran coñecedor das cabras como o noso bo cabreiro.
 
Pero que foi o que descubriu? 
 
Deuse conta de que as cabras estaban máis activas cando consumían café que cando non o facían.
 
E di, a lenda, que o bo de Kaldi, decidiu probar aqueles froitos para comprobar no mesmo o efecto estimulante que tiña na  cabras, e parece que quedo satisfeito pois divulgou entre os seus veciños o seu descubrimento, e xa sabes falando, falando, boca a orella, o descubrimento foi estendido por todo o planeta.
 
E así é como de que unhas cabras etíopes que comian unhs pequnenos froitos nun monte a máis de 2000 metros, son as culpabels que que ti e eu tomemos un café todas as mañás.
 
Se está historia é real só as cabras e Kaldi podían confirmarnos a cuestión, pero xa sabedes polo menos "se non  è vero, è ben trovato".
 
A lenda do carbreiro e o café.

2 - Por moi estraño que che poida parecer o café é un froito dun arbusto de gran porte, o cafeto.

O que os humanos aproveitamos o que vén ser a semente dese froito que son os nosos grans de café, as cabras son outro cantar.
 
Grans que tostados, moíds, e convenientemente mesturadas con auga aplicándolle calor e en ocasións presión dá lugar a esta marabillosa infusión que é o café.
 
É certo que é en Etiopía a máis de 2000 metros de altitude na rexión de Kaffa (de aquí tamén o nome que se exporto a medio mundo) onde primeiro foron quen de usar o café.
 
Pero serán os Árabes onde chega sobre o ano 800 os primeiros que se afeccionen a el, e que o vexan como un negocio para partir do século XIII fano chegar a todo o mundo musulmán.
 
No século XV xa estaba establecida a costume de tomar un café por todo Persia, Exipto, Africa Setentrional e Turquía
 
A Europa chega a través dos comerciantes italianos no século XVII procedente de Istambul, e expándese primeiro por Europa, e a partir de aquí vai chegado a todos os lugares do planeta, incluída as grandes zonas de produción de Sudamérica.
 
Mulleres musulmans moendo café.
 

3 - O cafe era causa admisible para un divorcio. 

Adquire tal forza o seu consumo no mundo musulmán que os turcos tiñan un lei, que xustificaba o divorcio dunha muller se o seu marido non lle proporcionaba café en cantidade suficiente ao día.
 
Se es cafeteira entenderás esta norma perfectamente, de ter que aguantar ao marido polo menos poder tomar un café, non?
 

O café causa de divorcio

4 - O viño arábe  o Café

Xa por aquelas remotas datas comezaba a funcionar o márketing, e como ninguén en Europa tiña a máis remota idea do que era o café, chamárono viño árabe, supoño que por que era de cor negra e viña de Arabia. 

E querido cafeteiro non nos debe sorprender tan pouco ético funcionamento do marketing cando chaman leite a bebidas obtida a base avena ou outros vexetais, antes de que os coma unha vaca ou unha cabruxa, e que nin son leite nin saben a leite.
 
O papa Clemente VIII cunha taza.
 

5 - Pero cafeteiros do mundo cristián, coñecede que a piqués estivemos de mandar ao café á condenación eterna. 

Algúns quixeron ver no café a obra do demo, viña do mundo Árabe, era negro, excitante, e pareceulles perigoso para os bos costumes cristiáns.
 
Ata o Papa clemente  VIII chegaron as queixas dos máis preocupados polo pecaminoso vicio de beber café, pero o bo de Clemente,  probo un sorbo viu o aroma, o sabor e os efectos. Comento que unha bebida tan deliciosa non podía ser obra do demo. 
 
Dirimiu o conflito: 
"Sería pecado deixar aos descridos unha bebida tan deliciosa. Venzamos a Satanás impartíndolle bendición, para facer desta unha bebida verdadeiramente cristiá!". 
 
Digo eu que lle darían a probar un excelente café, do cal todos os cafeteiros debemos de estar moi agradecidos.
 
Sí cafeteiros do mundo, o café, chegou tan lonxe que en calquera lugar do mundo podes pedir un café e case con toda seguridade poderás conseguilo.
 

Xaòneses bañandose en café.

6  - Os xaponeses bañanse en café

 
Ou polo menos algúns xaponeses, rebaixemos a intensidade do titular periodistico.
 
Fan un uso certamente peculiar do café, crearon un spa de café, concretamente por se vos apetece a experiencia por 20 euros máis menos, pódesche bañar en café, saque, viño, chocolate ou fideos chineses.
 
Se queredes a miña opinión eu gastaríame eses vinte euros nun delicioso Kg. de bo café arábica.
 

7 - Non crear todo o que chega o teu olfato nas grandes cadeas de cafeterías multinacionais. 

Parece moi triste o que fan algunhas grandes cadeas multinacionais de cafeterías, si amigos, o aroma que desprenden non provén do café que fan, senón que é unha recreación artificial do café. 
 
Starbucks e Dunkin' Donuts ás veces utilizan "cheiro a café falso" para atraer a compradores. ScentAir, un  "provedor de aroma", é moi popular entre a industria cafeteira internacional. Empregan métodos de "aromacología" xunto coa "última tecnoloxía en fragrancia".
 
Algunhas marcas de café como Nescafé tamén inxectan aroma de café nos envases para que pareza máis natural ao abrilo. Parece ser que o "cheiro falso" inxectado nos envases creábase orixinalmente de partículas de grans de café reais, polo que o cheiro, polo menos, era auténtico.
 
Nós en Sabora non inxectamos aroma algúno o café, procuramos extraer o aroma dos bos cafés que tostamos, chámanos clásicos.
 
Un par de datos para que entendades a magnitude do consumo do café no mundo:
 

8 - Las cifras del café  en un año son impresionantes.. 

 Y siguen aumentando:

  1. - Desde principios del siglo XX, la producción mundial anual de café ha superado los 100 millones de sacos.

  2. - El café es el segundo producto más comercializado en el mundo después del petróleo.

  3. - 120 millones de personas viven del café en el mundo

  4. - La producción de café fue de 8,6 millones de toneladas en 2015

  5. - El café es la segunda bebida más consumida  del planeta después del agua

9 Ao día consómense 2.500 millóns de cuncas de café no mundo.

 
O que dá 912.500.000.000 cafés ao ano, a non ser que sexa bisesto que habería que sumarlle os 2.500 millóns de cuncas de café máis.
 
Cafeteiro non estas só no mundo como podes ver.
 
10 - Pero non nos poñamos tan serios. Unha de gatos.
 
Os dous gatos máis lonxevos do mundo tiñan algo en común, ambos tomaban café. Sorprendente non? 
 
O libro Guinness dos récords por ser o máis lonxevo do mundo chamábase Creme Puff, e morreu a 38 anos. A dona, Jake Perry, dáballe café todas as mañás café, ademais de beicon, ovos e brócoli.
 
É algo a ter en conta, xa que Perry tamén era dona de Grandpa Rex Allen, o anterior posuidor do marca, que levaba a mesma dieta e morreu con 34 anos.
 
Como vedes non só ás cabras séntalles ben o café.
 

 

11- O caso do Rei Gustavo III de Suecia. 

O bo de Gustavo estaba convencido de que o café era un veleno para o corpo.
 
Para demostralo, ordenou a un reo tomar café todos os días e a outro tomar té.
 
O experimento, que foi seguido por unha comisión médica, fracaso con estrépito: os primeiros en morrer foron os médicos, vese que non tomaban tanto café como os condenados, despois o rei, asasinado iso si, moitos anos máis tarde o condenado para beber té e por último o bebedor de café, ao que nunca lle faltou unha cunca de café ata o final dos seus días.
 
Cuadro de Gustavo III de Suecia
 

12 - Beber café pode protexer o teu fígado.

Un  estudo máis recente realizado en Italia concluíu que beber café diminúe nun 40% as posibilidades de desenvolver un cancro de fígado, mentres que beber tres cuncas ou máis ao día podería reducir o risco á metade.
 
13 - Os beneficios do café.
O café estimula o sistema nervioso central, ten efectos beneficiosos sobre os vasos sanguíneos e contribúe a que o sistema renal funcione correctamente.
 
Tamén resulta eficaz para mitigar hemicrania e, mesmo, potencia o efecto de diversos fármacos.
 
En cantidades normais non resulta perigoso para a saúde, iso si se tomas 100 cuncas ao día podes ter un serio desgusto, imos que a podes palmar. Tranquilo iso supón tomar 8 cafés á hora durante doce horas, ou 4 cafés á hora durante 24 horas seguidas.
 
Para ter máis informción pode ler o post: Que beneficios ten o café para a nosa vida?
 
Café en con terraza en Milán onde a xente toma un café
 

14 - Italia é o país con máis cafeterías por habitante do mundo. 

Era algo fácil de deducir dada a paixón cafeteira que se estila por alí, pero sempre está ben ter datos máis precisos: 100.000 cafeterías para 60 millóns de habitantes. 

Pero non é nin moito menos o que máis café per capita consome, é Finlandia, con máis de 12 Kg., por habitante e ano.

Vese que son menos de cafetería pero non de café.

15 - Efectos do aroma do café, máis aló de que nos guste ou non?

Hai un experimento recente con animais aos que se lles fai cheirar café, so con iso diminúelles a fatiga despois dun día sen durmir.

Debe haber algunhas sustancias volátiles que teñen este efecto estimulante no cerebro aínda sen beber o café.

16 - Por que torramos o café?

Non vos tendes pregutado nunca A quen se lle ocorreu que dese gran verde, unha vez torrado, non só virían novas cores senón tamén aromas e gustos? Foi un accidente? alguén estivo a experimentar quentando os grans e de súpeto descubriu o café sabe moito mellor torrado?
 
A estas preguntas non podemos contestar con certeza, pero o certo é que hoxe torramos o cafe.
 
Actualmente os grans quéntanse a entre 180 e 250 graos durante 20 a 25 mínutos.
 
Nesa reacción combínanse aminoácidos e azucres (a chamada reacción de Maillard, que tamén ocorre nas torradas ou nos churrascos) e fórmanse novos compostos aromáticos, aínda que non se modifica a cantidade de cafeína.
 
Se che gustou compárteo amigo cafeteiro.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020