Café Arábica

Café Arábica de Cafés Sabora para tiendas

Café Arábica Sabora

O café arábica Sabora está feito da mestura de tres grandes cafés de Colombia, Uganda e Brasil e da lugar a este excelente café que satisfará todas a túas expectativas.

O aroma, a acidez e o corpo unido a un torrado coidado,  por parte de mans expertas, dan lugar a un café excelente que gozarás dende o mesmo momento en que estás a preparalo.

Grans seleccionados coidadosamente destes tres grandes países cafeteiros aportan un café enormemente equilibrado para que poidas gozar cada mañá ou despois de cada comida do autentico sabor dun café torrado no seu punto.

Traballamos exclusivamente con tendas porque tomamos a opción de que o café chegue torrado no día ao establecemento, e poida rotar rapidamente sen pasar temporadas grandes en almacén.

Todo para que ti poidas gozar do intenso aroma e sabor deste café arábica nacido do mestizaxe.

¡Coidado! Se o probas non vas querer outro. Avisado quedas.

 

Presentación en bolsas de 250 y de 500 gr.

Se che apetece ter un produto de gran calidade na túa tenda, fai unha pausa e… chámanos ou contacta connosco.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020