Descafeinado á agua

Descafeinado a agua

Descafeinado á auga 100% Arábica conseguido co método Swis Watter é un café con todo o aroma e sabor dun gran café.

 
O descafeinado á auga de Cafés Sabora está composto por cafés cento por cento arábicas de gran calidade que conservan todo o seu aroma e sabor nun proceso de eliminación da cafeína respectuoso co café e co medio ambiente.
 
O noso é un café descafeinado á auga podémolo denominar con todas as letras como café, xa que manteñen todas as calidades organolépticas dos cafés mellores arábicas utilizados na súa elaboración. 
 
Un café descafeinado á auga que deixará plenamente satisfeito a un cliente que ama o café e que pola razón que sexa non pode ou non quere tomar cafeína no seu café.
 
 Swiss  Water é o noso proceso de  descafeinación á auga
 
A obtención de descafeinado á auga require dun elaborado proceso onde só se utiliza auga, cunha concentración de extracto de café verde que contén todos os elementos do café menos a  cafeína, e uns  filtros de carbono que conseguen eliminar o noventa e nove por cento da cafeína.
 
A ausencia de  cafeína no extracto de café fai que por osmoses esta abandone o gran e acabe na auga, mentres os outros elementos do café ao atoparse xa cunha auga saturada deles permanecen no gran  inalterados, uns  filtros de carbón son os encargados de eliminar a cafeína da auga para obter o descafeinado á auga ecolóxico.
 
Non deixa residuos, xa que a cafeína filtrada ten outros usos para añadiren en refrescos ou industria  farmacéutica.
 
O resultado un café descafeinado á auga con menos do 0,1% da  cafeína do café orixinal, pero co resto dos compoñentes intactos, que dan lugar uns saborosos grans de café descafeinado á auga listos para ser tostados.
 
En Cafés  Sabora tostámolos diariamente para que cheguen con todo o aroma e o sabor de café á cunca do teu cliente.
Se queres poñer un marabilloso café sen cafeína no teu local sen dúbida esta é a túa opción.
 
Presentación en bolsas de 500 gramos.
 
 
▲ Superior