Descafeinado Ecolóxico

Descafeinado Ecolóxico de Cafés Sabora de venta en tendas.

Descafeinado Ecolóxico de Cafés Sabora

É unha das nosas máis recentes adquisicións para o catálogo de produtos Sabora.

Café cultivado Perú que se cultiva de forma tradicional entre os 1200 e os 1800 metros, sen a utilización de ningún pesticida ou fertilizante non natural sempre co máximo de coidado co medioambiente.

Co mesmo coidado que se utiliza logo para sacar a cafeína do café, con medios totalmente respectuosos para o medio, e que dan lugar a este magnífico descafeinado.

Son cafés saudables para o noso corpo e a súa produción é moi respectuosa co medio, os grans de café son producidos e tratados con técnicas especialmente deseñadas para teren un impacto mínimo sobre o medio.

É un café suave, equilibrado, con excelente nivel de acidez que lle permite satisfacer as expectativas que se poidan poñer neste descafeinado. Non quedarás decepcionado polo seu sabor ou aroma.

Se es alguén a quen lle preocupa o seu corpo, e che interesa protexer o medio ambiente, sen renuncia e ter un bo café aínda que deixes de lado a cafeína, este é certamente o teu produto.

Tamén tes o Café Ecolóxico de Sabora se es amante da cafeína.

Características en cunca do café Descafeinado Ecolóxico de Sabora:

  • Arrecendo pronunciado
  • Sabor doce e suave
  • Acidez pronunciada
  • Corpo medio a neutro
  •  A crema color claro

O Descafeinado ten varias certificacións internacionais que o apoian como Café Ecolóxico como Narturland de Alemaña, o IMO control de Suíza e certificación JAS para vendas exclusivas no Xapón.

Ten un certificado de café de sombra (Bird Friendly), para un segmento do mercado moi reducido que valora que se produza o café respeitando os paxaros da zona de produción.

Ademais de cumpriren toda a normativa Española e Europea para a venda de cafés ecolóxicos ou cafés orgánicos.

Certificados de calidade do descafeinado ecolóxico de cafés sabora

Presentación en bolsas de 250 y de 500 gr.

Se che apetece ter un café  decafeinado ecolóxico ou orgánico de gran calidade na túa tenda, fai unha pausa e… chámanos ou contacta connosco.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020