Guía de tipos de café que podes atopar na cafetería

Facenco café expresos en cafetería

Guía de  tipos de cafés en España.

Case todos imos tomar un café a unha cafetería durante a semana, xa sexa traballando ou estando de vacacións. 

E cada un de nós temos o noso tipo de café preferido para pedir o bar ou no restaurante.

E diso trata o post dos cafés que pedimos nas nosas cafeterías e nas do resto de estado.

Moitos dos cafés coñecédelos seguro, outros non vos van soar tanto de seguro.

Cales son os tipos de café que che podes atopar nunha cafetería dentro do país?

A tradición sobreviviu ao desembarco masivo dos Starbucks e franquías similares.
 
Aínda se pode atopar café aceptable por un euro ou pouco máis dun euro nun bar, cafetería ou restaurante, aínda que hai que saber que tipos de café se adecúan a cada momento. 
 
Xa sabedes, se vedes Sabora non o dubidedes, será bo café. 
 
Pero deixemos as cuñas publicitarias e ao gran... de café.
Se ao entrar nun bar está cheo do que parecen clientes habituais, dos de toda a vida tomando café, bo sinal.  
Lembra que un prezo alto non ten porque seren sinónimo de bo café.

tipos de café en españa: algúns dos que podes atopar .

Antes de nada explicar que pode haber diferenzas locais en función da cidade do país en que pidas o café, falaremos das que ao noso xuízo están máis estendidas, e deixaremos un amplo apartado para variedades propias de diferentes zonas de España.
 

Tipos de Café:

1. Café Só

O equivalente ao espresso italiano, café e auga a presión nunha máquina expreso, tarda 25 segundos en facerse, e un bo camareiro entregaracho nun minuto.

O mellor para sacudirse o soño á primeira hora da mañá.   

Ten as súas versións dependendo de gustos.
CAFÉ CURTO
Prepárase utilizando a metade da auga que a que utilizariamos para un expreso normal, resultando nunha cantidade case igual á metade dun café só tradicional, e, por tanto, un café máis concentrado. O café curto destácase pola súa concentración.
CAFÉ AMERICANO
Este café ten a súa propia maxia ao utilizar a mesma cantidade de café que o expreso, pero suavízase engadindo auga quente na mesma proporción do café. O resultado un café co dobre de tamaño pero á mesma cantidade do café, un sabor deliciosamente diluído.
CAFÉ SÓ DOBRE
Para aqueles que buscan unha experiencia intensa, o café só dobre elabórase cunha cantidade similar á do café americano, pero sen diluír, en realidade trátase de dous cafés sós sumados na mesma cunca. Isto dá como resultado un café con máis corpo e un sabor forte que deleitará aos amantes do café forte.

2. Café Cortado

Un cortado, así se pide nos bares españois, é un café cunha nube de leite. 

Esta explicación tan exhaustiva sobra para un galego, pero é necesaria se nos le calquera fose do ámbito español onde o concepto non adoita estar tan claro, xa que en moitas partes o café cortado é un café 50% café e 50% leite, só que en cunca máis pequena.

Xunto co anterior só, e o seguinte, con leite, adoitan ser os máis demandados nos bares.

Unha variedade do café cortado é o café manchado, cando a nube de leite transfórmase nunha pinga de leite no café.

3. Café con Leite

Ao menos a mesma cantidade de leite que de café eso si en cunca grande,  é un dos tres cafés que pode pedir en calquera local do hostalería,.

Se o bar é dos bos preguntaranche exactamente canto leite queres e a cunca será de maior tamaño que a do só.

4. Café clariño:

 Se o teu gusto é que o café sexa moi pouco, e o leite moito, falariamos dun café clariño.

Fai referencia á cor que xorde dun café con moito leite e pouco café.

5. Leite Manchado OU MANCHADO

Este tipo de bebida é basicamente unha cunca de leite fervido cunhas notas de rico café, aproximadamente medio tiro de café expreso.

Cafetería Española

6. Café con Xeo

Coa calor comeza a apartar no verán tiña que haber unha solución imaxinativa para os amantes do café.

O café con xeo ofrécea.

Orixinalmente facíase con café só aínda que hoxe en día preguntásenche se o queres só ou con leite.

Sérvenche na súa correspondente cunca de café, cun vaso con xeo aparte.

Se tomas azucre co café,  bota o azucre na cunca e revolve antes de verter o café no vaso co xeo.

Decisión e bo pulso para non acabar con café sobre a mesa.

7. Café "Carajillo"

É triste pero é difícil de atopar un verdadeiro carajillo, a pesar da súa gran tradición, quizá sexa a nosa achega máis destacada ao mundo do café.

En moitos bares simplemente cren que é botar brande ao café, e pode ser así en certas zonas como Cataluña.

Pero a nos gustanos máis o brand quentado xunto a uns grans de café e pel de limón, entón o café recentemente preparado sería engadido á mestura para despois filtrar os grans de café e a pel do limón. 

Existen locais onde deu lugar a unha bebida certamente sofisticada.

8. CAFÉ "BOMBÓN"

Para os amantes do doce, é unha boa cantidade de café só cunha xenerosa dose de leite condensado.

Sérvese en vaso de cristal e ao mesturalo fórmase un delicioso sabor a doce de leite.  

Doce e non apto para dietas.

9. DescafeinadoS

Todolos anteriores teñen as sua correspondente versión en descafeinado.

O nivel dos descafeinados adoita sorprender aos visitantes estranxeiros, especialmente aos que proveñen do mundo anglosaxón.

Pedir sempre o de máquina e se é descafeinado a auga ou por CO2 mellor que mellor.

A partir de aquí algúns tipos de café propios das comunidades autónomas ou cidades:

Cafés que poder pedir en España

TIPOS DE CAFÉ CON UNHA DIFUSIÓN MÁIS LOCAL

10. CAFÉ CON PINGAS 

Se es galego nada que explicar, para o resto é o café cunhas pingas de augardente propio das sobremesas galegas.

A un café só,  de pota xeralmente,  engádenselle unhas pingas de augardente a gusto do cliente.

11. CAFÉ "BELMONTE"

Un clásico do Mediterráneo é un café bombón cun grolo de brandy.

Do mesmo xeito que o anterior pouco recomendable para dietas pero moi acto para o amante dos doces.

12. LEITE E LEITE

Dito así curioso, pero é un café con leite, ca metade de leite normal e outra metade de leite condensada.

Un café 100% canario para moi golosos.

  • Un café

  • Leite condensado

  • Leite

Pasos

  1. Enche un vaso de leite ata arriba e quentao por 2 minutos(que este moi quente) ou quentao nunha pota iso xa ao teu gusto

  2. Quita un chisco de leite e engade o café aos poucos.

  3. Engade o leite condensado e listo o teu leite e leite

13. Café de Pota

Nalgúns restaurantes seguen a ofrecelo, o café faíse poñendo unha pota con auga a quentar, engadindo o café á auga, deixando repousar o café, e coando o café xeralmente cun coador de tea.

14. Café ao tizón

Variedade de café de pota no que se introduce unha brasa de madeira para que se precipiten os pousos e non haxa que coalo coa manga. 

15. Barraquito / Asiático

Café cortado longo, con leite líquido e leite condensado, canela en rama, cortiza de limón e chorriño de Licor 43 ou Tía María. Propio da Illa de Tenerife. 

16. Branco e negro:

Café con xeo picado e con leite merengada atoparalo na Comunidade Valenciana.

Ingredientes:
  • Café 

  • Azucre

  • Nata batida ou xeado de nata

  • 1 limón

Elaboración:
  1. Comeza por preparar o café moi intenso

  2. Nun cazo á parte has de mestura auga, azucre e cortizas de limón para conseguir caldo de azucre.

  3. Seguidamente deberás agregar esta mestura ao café. Non te esquezas de quitar a pel do limón.

  4. Introdúceo no conxelador e  remuevelo cada trinta minutos aproximadamente para asegurar que quede  granizado.

  5. Cando consideres que está listo para tomar, sácao do conxelador e sírveo nunha copa ao teu gusto.

  6. Engádelle a nata batida ou a bóla de xeado encima para adozar o teu café

  7. Podes incluír grans de café ou chocolate ao teu gusto para asegurarche un sabor máis intenso.

17. Café do tempo

Café frío cun toro de limón e canela en rama, encantaralo se viaxas igualmente á Comunidade Valenciana.

Café frío con toros de limón e  canela en rama, encantaralo se viaxas igualmente á Comunidade Valenciana.
 
Facer unha cunca de café 
  • 1 toro limón

  • Azucre

  • moito xeo

Pasos:
  1. Facer o café.

  2. Unha vez feito o café, e estando quente, disolver o azucre. A cantidade que vos guste. Tamén podedes utilizar  edulcorante se é a vosa preferencia, ou non usalo.

  3. Unha vez ben disolta o azucre no café bótase a un vaso longo cheo de xeo. 

  4. Engádese un toro de limón e a servir e tomar.

Adeus á sede, á parte de que che espabila da calor máis atafegante.

18. Catalán

Café con crema catalá está vez terás que ir a Barcelona a pedilo.

  • Nunha xerra, facer un café só dobre.

  • Nunha copa decorativa, copa de "zurito" ou cunca transparente especial, verter o café elaborado.

  • Sobre o café, e con axuda dunha culleriña para evitar que se mesture, engádese a crema catalá.

  • Engadir a nata semimontada con axuda de novo dunha culleriña.

  • Como decoración, espolvorear café en po.

19. Celta

Café con azucre moreno, augardente, tres grans de café e un toro de limón.

Variante do carajillo en Galicia.

Ingredientes:
  • Un café

  • 4  dl auga

  • 80  g azucre

  • 2  dl nata

Para o doce
  • 60  ml bagazo
Pasos
  1. Elaborar un café co gran recentemente moído.

  2. Engadir o azucre, o bagazo e mesturar ata que se integren todos os ingredientes.

  3. Fundir nun cazo de fondo groso o azucre co bagazo.

  4. Remover ata que adquira unha bonita cor dourada, apartar e  verter culleradas sobre unha superficie aceitada.

  5. Montar a nata ata que estea ben firme.

  6. Montar as copas co doce, o café e a nata.

Só queda serviren.

20. Ebaki

Café con leite longo con moito azucre propio da zona de San Sebastián.

21. Mediano

Café con leite servido en vaso de cristal. Antigamente era tradicional introducir unha folla de abeleira para aromatizar o café.  

En Cantabria atoparalo.

22. Rebentó

Carajillo co ron autóctono da illa de Mallorca.

23. "SOLDAO"

Café con Cointreau e gasosa.

Servirancho en Zaragoza.

24. "TRIFÁSICO"

En Barcelona serviranche un café con leite e licor, normalmente brandy ou ron.

25. Os cafés en Malaga

Quedaría por nomear a curiosa forma de pedir os cafés na zona de Málaga; podedes coñecelos no post:

Como vedes para todos os gustos só, cortado, con leite desnatada, semidesnatado, ou enteiro, leite de soia, longo de auga, americano, capuchino, descafeinado, ecolóxico, frío, quente, temperá e un longo etc de variantes. 

Cóntanos o teu tipo de café preferido, si ese, que consideras a túa forma de tomar o café.

Seguro que nos deixamos algún tipo de café, posiblemente o que máis che gusta, ou o típico de onde vives.

Non te cortes, déixanos un comentario con ese café que falta e é imprescindible, ou onde podes tomar un gran café os que visitamos a túa zona.

Faino por solidariedade cos outros amantes do café, o tipo de café que a ti che gusta pode non ser descuberto por non ter ti comentado.

Poderías vivir con iso ;)

Tamén che pode interer:

 O café en Italia: Unha forma de vida

O café portugués: Formas de pedir un café en Portugal

9 Cafés con leite que tes que probar nalgún momento

O café con leite en bares e cafeterías do país 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020