Infusións en Piramides

infusión-cafes-sabora

Infusións en Piramides

As nosas pirámides permitiranche explorar novas sensacións no mundo das infusións.

Farán voar a imaxinación do teu cliente a través das infusións de fervas dos nosos bosques, e de paraxes afastadas  sempre buscando a infusión que o teu cliente necesita.
 
As pirámides son unha bolsas que lonxe de ser deseñadas así por capricho, fórono para facer que as follas, flores e froitos que conforman as distintas infusións dispoñan de de máis espazo.
 
Espazo que fai que as follas e as flores estean enteiras, e os anacos de froita poidan aparecer máis grandes.
 
O espazo é o que permite que despreguen todo o seu aroma e sabor nas cuncas dos teus clientes.
 
Podes elixir entre:
  • Flores de Manzanilla
  • Té Verde con Xasmín
  • Follas de menta
  • Roibos copacabana
  • Té negro paquistaní
  • Té negro Orange Pekoe
  • Té verde Sencha con cereixas  
  • Roibos Relax
  • Té vermello corpo do desexo
  • Digest
  • Té negro chocolate e menta
  • Froitas do bosque
Unha selección de sabores  pensados en exclusiva para a hostalería, presentados cun novo corte que permite sacar todo o aroma e o sabor da infusión que máis che gusta.
 
Infusións e tés en Piramides de Cafés Sabora
 
Fixemos unha selección pensando en abarcar todas as necesidades dos clientes máis esixentes. Non te quedes nos sabores tradicionais, ofrécelle ao teu cliente a infusión que se merece.
 
Se ademais de café necesitas infusións  a que esperas, fai clic  para pedir o produto ou amplia a información no 981 819 139.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020