O envase do café inflúe na súa calidade?

Envase de café ecolóxico  Sabora, óptima conservación hostelerías

O envase do café xoga o seu papel na calidade do produto final que compras

Non é que un envasado por si mesmo vaia a mellorar ou empeorar as calidades dun café.
 

O envase do café afecta en gran medida á conservación de café.

Un mal envase pode estragar totalmente un bo café.
 
Os maiores inimigos do café son: a humidade, a luz, o osixeno.
 
Por tanto se o envase protexe ao café da humidade, de luz, e de que este en contacto co osixeno non melloraría o café, é certo. Terá permitido que non perda a calidade que ese café tiña no momento de ser envasado.
Entendemos como un bo envase para o café, aquel envase que aguanta máis tempo as características que ese café ten no momento de ser tostado.
 
Se o café é malo, moi amargo, con excesivo sabor e aroma a terra, etc., un bo envasado non vai conseguir en ningún caso que ese café sexa excelente.

Polo tanto para levaren un bo café a casa é fundamental que o café que vaia no envase sexa de gran calidade.

É aquí onde os cafés se xogan parte do seu prestixio, por que un café mal envasado ou envasado nun envase de pouca calidade vai perder rapidamente as súas características ata converterse nun café mediocre lonxe do que era no momento de ser tostado.

A importancia do envasado de café crece canto máis se separa a compra da data de envasado.

Cando chega un café ás túas mans o primeiro que debes de facer é comprobar a data de envasado.
 
Canto máis próxima ao momento en que o vas a comprar mellor, máis fresco será o café e menos calidades perdería nese tempo.
 
Non existe unha data de caducidade do café, o tomar un café con moito tempo de envasado non é perigoso, pero se é certo que perdería boa parte as súas características orixinais cando o tomes.
 

Un bo envase atrasa a perda de calidade do café pero non poderá evitala totalmente.

¿compro o café en grandes cantidades ou aos poucos?

Non é conveniente comprar grandes cantidades de café se logo non vas consumilo nun tempo prudencial.
 
O máis probable é que perda calidades esperando a abrir o segundo ou terceiro paquete que te compraches naquela oferta tan boa de leve tres e pague dous.

O café unha vez aberto o envase vai perder o seu aroma e sabor aínda máis rapidamente.

Polo que se compraches o café hai uns meses e os gardas aínda unhas semanas máis aberto o café que tomas ao final non será con todas probabilidade un gran café.
 
Se es un particular liquídalo facilmente comprando un envase de 250 gramos e non varios de medio quilo só por que che salga máis barato.
gran orixe cafés sabora

Que pasa cos envases de café para hostalería?

Un profesional da hostalería debe ter máis café que o que consumen os seus clientes a diario, calquera día ten un pico de clientes e non pode dicirlle que se quedou sen café.
 
Para os bares, cafeterías  e restaurantes o tipo envase non é unha cuestión menor.
 
Se unha cafetería utiliza un envase de café ao día, xa sexa de un, dous o máis quilos,  e o que tes almacenado tres, catro, ou cinco días, non ocorre nada o café seguramente non perda calidade no espazo de tempo que pasa ata o seu consumo.
 
Calquera envase minimamente decente fará que se o teu café esta ben gardado non sufra ningunha perdida de calidade.
 
Pero se a túa rotación  de café é máis baixa e para terminar un recipiente de café unha vez aberto tarda un par de semanas. 
 
Aquí si podes ter un problema coa calidade do café.
 
Un negocio é dar comidas por exemplo e o consumo limítase a X cafés que consumen á comida e á cea as persoas que baixan a comer ou cear ao teu establecemento.
 
Ti si que tes que ter especial coidado co envasado do café.
O envase do café que serves ao teu cliente ten que ser un gran envase, xa que terá que aguantar como o primeiro día unhas semanas no teu local, e unha vez aberto o café terá que manter as características algúns días máis.
Para conservar o café a mellor opción que coñecemos está nos envases de tolva metálica con válvula, que permiten conservar todas as características  organolépticas durante máis tempo.
 
Evitan o contacto co osixeno, gardan moi ben o café sen alteracións por luz solar, humidade, cheiros, etc.
Se queres asegurar que o café vai permanecer inalterado durante un longo tempo a tolva metálica é unha solución ideal.
Mesmo con moita rotación do produto as tolvas metálicas con válvulas son ideais para que o café chegue á cunca de café 100% como era no momento de ser envasado.
 
O noso café Gran OrixeGran Orixe descafeinado, e café ecolóxico en recipiente metálico utilizan este sistema que nos deixa plenamente satisfeitos ao coidar a calidade dos nosos cafés.
 
Para terminar o dito un bo recipiente non vai mellorar a calidade de ningún café.
A calidade do café ten que estar aí cando vertes o café recentemente tostado nun recipiente. O que si fai é manter esa calidade de orixe do café  inalterada polo paso do tempo.
Feita esta reflexión bo café amigos, e unha mellor semana.
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020