Pocillos

Pocillos de Café Sabora - cuncas para o café

 

Características dos Pocillos de Cafes Sabora:

O xogo compóñeno un pocillo e un prato, xogando coa representación que Cafés Sabora fai dos grans de café do seu logotipo, iso si  o seu deseño fainos especialmente útiles para o mundo da hostalaría.

A novidade é que temos decidido poñer un logotipo de pequeno tamaño de Cafés Sabora no prato, por mor de evitaren “extravíos” dos pratos cando saen do establecemento hostaleiro.

Estamos a distribuílo en tres tamaños que se corresponden cos  cafés máis demandados habitualmente : para o café dobre, con leite, e o do café solo ou cortado.

A sua forma de cono truncado, permite a mellor conservación do aroma e o sabor do café.

O seu deseño e o material de que están feitos ten dobre intención, a durabilidade dos mesmos polo uso intensivo que se lle vas dar na Hostalería e, ademais, que están feitos dun material que non só non molesta, se non que resalta as características dos cafés que son servidos neles.

Non o dubides cos nosos pocillos tes a garantía de que nada se perde do aroma e sabor dos Cafes Sabora.

Solicita o Producto

▲ Superior