Que é o café premium, e que debería de ser en realidade.

Cafetería con café premium

O café premium ten unha presenza cada vez maior

Veralo nas cafeterías na que entras, nas tendas nas que compras, en andeis de supermercados e hipermercados, etc.
 
Premium soa a mellor café, café de máis calidade, e por que non dicilo, a café polo que se xustifica pagar un prezo maior.
Quen non paga medio euro máis por levar un premium a casa, coa sorte que tiveches de tocáseche compralo, premium nada menos.

Cabe preguntarse Que é un café premium?

En realidade a cualificación como "Premium" dun café faia a propia empresa que o comercializa.
 
Por tanto o que se nos pretende dicir coa palabra premium no empaquetado, no mellor dos casos, é que é o mellor café que che pode ofrecer a empresa que che vende ese café.

Haberá entón un exhaustivo control sobre o café Premium, Gourmet, Etiqueta Negra, Especialidade?

Non, ningún en absoluto. Amigo cafeteiro abandona toda esperanza ninguén o controla realmente.
 
Cando compras unha café premiun feixes un autentico acto de fe, créesches, convéncescheste de que é un bo café.
Ningunha autoridade local, autonómica, nacional, europea, ou internacional controla que café se etiquete un café como Premium, Gourmet ou de Especialidade, realmente sexa o que di que é.
 
Nin seguise existe algún órgano ou organismo dentro do sector que regule ou polo menos supervise que é un Café Premium.

Que quere dicir entón a presenza da expresión "Café Premium" na etiquetaxe do café?

En realidade na maior parte das ocasións é unha estratexia comercial, nada  máis.
É un café cunha etiqueta comercial, de marketing, destinada a facilitar que esteas disposto a pagar algo máis polo que se supón que é un bo café.
 
Que o teu café sexa Premium non supón que sexa un arábica 100%, nin determina que sexa recollido a man, nin ten por que ser cultivado en altura, nin por suposto garante que este ben tostado, nin que o seu tostado fose artesanal, nin que se cultivou en altura a sombra...
 
En realidade non garante nada.
 
O que significa realmente, é que o que envasou o café e estache vendendo ese café opina que o café que vende é un fantástico.
Pero non ten que aportar nin un só dato obxectivo sobre o que sustentar a súa opinión.
Faino coa sempre coa a loable intención, desde o punto de vista dos que vivimos da venda do café, de gañar algo máis co noso produto.
Mesmo existen cafés liofilizados que falan deles mesmos como cafés premium.
 
Envase de café premium liofilizado
 
En serio pensa alguén que un café liofilizado podes ser un café premium.
 
É o mesmo que vender puré de pataca en sobre e pretender facelo pasar por un produto gourmet.

Estás a dicir que todo o café premiun é unha farsa?

Non. Polo menos non todo.
 
Trátase máis dun problema de ética do que cho vende con esa denominación que doutra cousa.
 
En principio a calquera café pódeselle poñer a palabra Premium no seu paquete e quedar un tan ancho, o sexa ou non o sexa.
O que digo é que por moito que diga o paquete que é un café premium ninguén está a garantir a calidade do produto que vai envasado como premiun xustifique pagar máis polo café-.
Vou máis lonxe como non existe unha definición completamente aceptada do que sería un café premium, nin uns estándares mínimos para considerar un café como premium.
Calquera cousa, pode ser un café premiun, polo simple feito de ser café, e poñelo no seu empaquetado.

Quere dicir que o café premium nunca é un café de calidade?

Non, tampouco é iso.
 
Existen excelentes cafés empaquetados como premium, pero tamén existen marabillosos cafés onde a palabra premium non aparece por ningún lado, e seguen sendo uns cafés de gran calidade.
 
O feito de ser empaquetados como premium nin nos garante a súa calidade, nin é garantía de que non vaias dar cun café máis ou menos mediocre unha vez aberta a bolsa.
 
O obxectivo deste post é informarvos do feito de que o paquete leve a indicación de café premium non é indicativo de nada máis que a empresa que che vende o café está a facer un estupendo exercicio de marketing.
Ata aquí  o que é un café premium a día de hoxe.
 

Que debería de ser, sempre na nosa opinión, un café premium?

  1. É necesario que o gran que utilicemos para o noso café sexa un gran de gran calidade.

  2. Un gran cultivado en zonas onde o café poida alcanzar o desenvolvemento de todo o seu potencial.

  3. Cultivo a máis de mil metros, é dicir un café de altura.

  4. Un gran cultivado á sombra e recolleito a man.

  5. Un gran que foi seleccionado, de tal maneira que os grans con defectos non cheguen ao paquete de café.

  6. Cun beneficiado adecuado.

  7. Un proceso de toste coidado que saque á luz todo o aroma e sabor que o gran de café leva dentro.

  8. Un tostado artesanal feito por un mestre artesán, oposto ao tostado industrial de centos ou mesmo miles de quilos. Un tostado que busca que o café desenvolver todo o potencial de aroma e sabor que leva dentro.

  9. Un envasado recente do produto é esencial para que inflúan na calidade do café.

  10. Unha almacenaxe correcta antes e despois do tostado.

Sempre é interesante que nos informen do tipo de gran utilizado para o noso café.
 
Se é un blend  que se nos informe  de cales son as orixes deses grans, a súa porcentaxe, as súas características, e o resultado final dese blend.

ISTO É O QUE SON A MAIORÍA DOS CAFÉS PREMIUM?

Por desgraza non
 
Ata que punto, por exemplo, podemos aceptar que un proceso de tostado industrial de miles de quilos dá como resultado un café premium?
 
Existen cafés así nomeados como cafés premium que tostan industrialmente centos e centos de quilos en procesos automatizados.
Para nós un café premium ten que ser un café tostado artesanalmente nunha cantidade moderada de café, máximo 60  ou 70 kg,  para que un mestre cafeteiro saque manualmente o cento por cento das posibilidades do café á superficie.
A súa chegada ao cliente debe ser inmediata sen que pasasen semanas cando non meses desde o seu envasado, van a determina a calidade do café.
 
Non ten moito sentido falar de café premium e despois ver que o café pase meses envasado antes de saír á venda. 
Ten que ser conservado convenientemente, o mellor café se pasan moitos meses, ou se foi conservado en malas condicións deixa de selo.

Non o mesmo un café Colombia cultivado a máis de 1000 metros baixo a sombra doutras árbores que un robusta cultivado industrialmente a 400 metros nunha gran explotación que encima a deforestado a selva tropical para o sementado dos cafetais.

Que é para cafés Sabora un café premium?

 
É un café cultivado en altura baixo a sombra doutros arbores de maior porte, arábica 100%, recolleito e seleccionado a man os grans que necesariamente teñen que ser de gran calidade, cun coidadoso beneficiado, tostado artesanalmente buscando sacar todo o aroma e sabor á superficie en lotes de ata 60 quilos ben envasado e gardado en óptimas condicións, comercializado inmediatamente despois de tostado para que non pasen moitos días ata o seu consumo.
Cuantos cafés premiun pasaría a comparación entre o que ofrecen e a nosa definición, xa vos digo eu que poucos.

Conclusión sobre os Cafés Premium

Os cafés premium son unha moda máis froito dunha decisión de marketing que da intención de ofrecer unha garantía de calidade.
Estou a falar dos produto industriais, que non indican no paquete  nin orixe, nin tipo de gran, etc. limítanse  a poñer  "grans coidadosamente seleccionados das mellores rexións produtoras" ou "cafés das mellores facendas" .
 
Non sei ti, pero en min, estas expresións fan saltar todas as alarmas.
 
Espero que che teña gustado, es libres de comentar e compartir.
 
Feliz semana e que chova bo café na túa mesa.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020