Que diferenzas entre un café so e un café expreso

Café só en máquina de café expreso

Un café só ou un expresoson o mesmo?, en caso de non selo que estou a pedir en cada caso?

 
Á  resposta a primeira pregunta é non. Non son o mesmo, o café só é unha cousa e o café expreso outra, xa que son termos que fan referencia a dúas clasificacións distintas do café.
 
Un café só seria aquel café ao que non se lle engade nada máis á cunca de café, o café na cunca non é outra cousa  ca infusión do café disolto na auga da extracción.
Un café só é por tanto un café que non leva engadido ningún outro produto máis que a auga utilizada na extracción do café.
 
En Galicia e outros moitos países ao café só engádeselle azucre, que sempre che servirán nun envase de papel por se o queres adozar.
Café expreso é aquel café para cuxa extracción se utilizou unha cafeteira expreso, que é a típica cafeteira a presión utilizada en calquera cafetería do sur de Europa.
Por tanto cando pides un expreso estas pedindo un café nun tipo de cafeteira moi particular que é a cafeteira expreso.
 
O café con leite, o cortado, ou o só son as tres variantes máis populares en Galiza para solicitar un café de máquina expreso. Pero existen outras moitas variantes por países, algunha delas mesmo é fácil que as atopes aquí, como o capuchino, outras se reservan para períodos de calor como o café con xeo, etc.
 
Resumindo o café só fai referencia ao tipo de mestura do café con outros produtos, ou máis ben, á ausencia desta mestura. Mentres o café expreso fai referencia á máquina de café onde preparamos o café. 
Cafe expreso só

Por que entón está confusión de termos entre café só e café expreso?

 
En realidade débese a que cando pedimos o café consciente ou inconscientemente tendemos a economizar palabras, cuestión que facemos en moitas ámbitos da nosa vida.
 
Se estamos unha cafetería do sur de Europa podemos pedir un café só case coa total garantía de que o que nos van traer un café expreso só.
 
O mesmo ocorre cando pedimos un expreso, se non non insistimos en que sexa, con leite, cortado, capuchino, etc, case con toda seguridade traerannos un café só.
 
En moitas ocasións, o camareiro, ou barista preguntarache se o queres só para asegurar non equivocarse co café que queres realmente.
 
Para pedir un café só noutros países como os Nórdicos, Reino Unido, ou Estados Unidos tes que ser máis coidadoso á hora de solicitar o teu café sempre que queiras que che traigan sexa un café só expreso.
Cafeteira Chemex con barista  detras preparando expreso
 
Podes atoparte coa sorpresa que o teu café só non sexa feito cunha cafeteira expreso.
 
Poida que o teu café se fága por filtrado nunha cafeteira por goteo, non por presión. 
 
Poida que o teu café fágase  por filtrado nunha cafeteira por goteo, non por presión, ben nunha cafeteira eléctrica que aquí en Europa proliferan en oficinas, ou ben que se faga por algún outro sistema de café de filtro manual, como a cafeteira  chemex ou a V60, que quizá pode ser as máis coñecidas en Europa.
 
En  la V60 sobre un cono de plástico ou cristal  que se pon encima da cunca, xunto cun papel que fai de filtro para poñer o café,  vertiendo sobre ela a 90 graos aproximadamente, nunca auga fervendo. 
 
A  chemex é unha elegante cafeteira de filtro que só  require dun filtro especifico e por gravidade logra un gran cafédo
 
Nestes sistemas o café obtense  pola acción da gravidade, os cafés por goteo compóñense de auga e extracto de café, que logo se acumulan dentro dun receptáculo de recollida do café, a mesma cunca de café nalgunhas ocasións, ou unha xerra para servir o café noutras, que se colocan ou xa están incorporadas inmediatamente debaixo do goteo. 
 
O interesante destes métodos é que nos permiten gozar dunha bebida máis lixeira, onde resaltan con máis claridade unha gama de aromas e sabores que comunmente non asociamos ao café: notas afroitadas e florais, melosas e a viña principalmente.
 
Unha infusión de corpo moito máis lixeiro, o que leva gozar dunha bebida máis longa.
Outras formas en que vos poden servir un café só sin expreso é mediante unha cafeteira de prensa francesa, que son aquelas en as que fas presión un embolo, sobre unha mestura de café ao que engades auga, mesturas, deixas repousar uns minutos e fas presión un embolo para que separar o café xa inficionando da infusión de auga e café que vas consumir.
 
Barista preparndo cafe expreso na cafeteria
 
Sería unha sofisticación do café de pota, que mestura auga quente e café, e que se pasa por un coador para obter este tipo de café.
Conclusión final, se pides un expreso ou un café só nunha cafetería galega en particular ou no sur de Europa en xeral daranche case con toda seguridade o mesmo café un café expreso só, pero se te moves noutro ámbitos xeográficos mellor será que especifiques que o que queres é un café expreso só, por que se non o fas o café que che traerán posiblemente non sexa expreso.
Por certo se tes a opción de probar un café de goteo feito en cono ou en chemex, ou en cafeteira francesa, non deixes de facelo, atoparasche cun café diferente ao café expreso pero quizá non che desguste o que che serven.
 
Espero ter aclarado dúbidas.
 
 
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020