10 blogues de café imprescindibles para un apaixonado do café.

Café, blogue e teclado de ordenador.

BLOGUES DE CAFÉ QUE NOS ENCANTAN

Quixemos facer unha listaxe as web de café en español, a maioría dos blogues son españois de feito, aínda que hai algunha web de Latino America.

En galego non cumpre facer unha listaxe de blogs, xa que por desgraza, o menos que sepamos nos somos a único blog especializado nesta temática.

Se es un profesional do café, tes ou traballas nunha cafetería, ou simplemente interésache coñecer como se produce, elabora o café, ou che interesa saber diferenciar os distintos cafés este é o teu post.
 
Non quixemos reflectir no orde polo que aparecen unha clasificación, máis ben foron colocadas ao ritmo que viñan á miña cabeza, polo que o blogue sobre o café 1 non necesariamente ten que ser mellor que o dez. Avisado quedas.
 
Primeiro recomendarche humildemente que nos sigas por que de todo isto trata o noso blogue, pero o noso ego non nos dá para recomendarnos a nós mesmos como unha das mellores.
 
Ao asunto, os blogues de café imprescindibles para profesionais e amantes do sector do café.

1º O blogue sobre o café de Barista Kim

O seu blogue de café é máis que  interesante e a súa canle de Youtube  é  tamen merecedora de seren seguida.
En ambos tedes unha importante cantidade de información sobre o mundo do café, tostado, moído, manexo de máquinas de café expreso, outros tipos de cafés, etc
Se queredes a miña opinión sincera un dos sitios imprescindible para os profesionais e amantes do café que queiran profundar no seu coñecemento.
 

2º Sommelier de café

Blog de café está orientado a las noticias, curiosidades, novedades, del mundo del café.
Información en estado puro sobre el café, excelentemente presentada, fácil y divertida de leer.
La información es muy variada, al contrario que el blog anterior no es tanto un blog para aprender sobre como hacer un buen café, sino un blog para estar al tanto de las tendencias del mundo del café.
Las tendencias del café en estado puro.

3º O Laboratorio do café

Un gran blogue de café.
Un blogue para formarte e informarte sobre as mellores formas de obter un fantastico café.
Recomendacións que che permitirán mellorar a  elaboración de cafés, consellos para lograr o mellor espresso na túa máquina no caso de que sexas un profesional, as técnicas máis innovadoras para logralo. 
No blogue O Laboratorio do Café non che faltará ningún detalle sobre as novidades do mundo do café.
Un blogue para informarse e formarse.

4º Lusso & Prodec

Un blogue moi completo sobre o mundo do café.
Vai dirixidos a baristas  ao que presenta as ferramentas imprescindibles para alcanzar o éxito nunha profesión tan complexa como a de baristas.
Outra parte do blogue dedícase ás curiosidades sobre o mundo do café.
Teñen un peso moi destacado no seu blogue as tendencias en máquinas profesionais e cafeteiras de deseño para o fogar.
Tendencias e técnicas na arte latte pechan os temas que adoita tratar este Magazine.
A empresa é a distribuidor oficial, e exclusivo, das cafeteiras de luxo Elektra na península ibérica.

5º Un cafetito, blogue da Cafetería Oxford de Valladolid.

É un blogue xenialmente traballado e con numerosas receitas que teñen como protagonista ao café.
Un blogue excelente para sacar ideas de que ofrecer a un cliente, ou para probar cousas novas co café.
Céntrase nas especialidades con café, e noticias de vangarda en torno ao mundo da cafetería profesional.
Na miña opinión outro imprescindible.
 Lendo blogues sobre café en ordeador

6º Arte Latte 

É un blogue absolutamente centrado na arte latte.
Se te preguntas que é a arte Latte, tamén coñecido como arte en café, arte barista, arte do latte ou debuxos no café.
Trátase de verter leite sobre un espresso a maneira de crear deseños sobre o café.
É unha técnica especializada para baristas que queren desenvolver a súa creatividade, creatividade que é consumida co mesmo café.
Se Podense facer todos tipos de debuxos desde unha folla ata composicións tridimensionais.
Podes profundar neste mundo nas dúas técnicas de arte latte, tanto a técnica de etching como a de vertedura libre.

7º Cafetearte blogue de café e té

Como o seu nome indica non só fala de café senón doutro tipo de infusións, e da arte de preparalas.
Web española condensa unha chea de información útil sobre o café e sobre o té, sempre se orienta fundamentalmente cara á cociña, as receitas e a gastronomía.
Un bo sitio para conseguir ideas de como preparar un café ou un té.

8º O Cafeólogo

Excelente páxina de Jesús Salazar que nos chega desde México sendo toda unha autoridade no mundo da cata e o café de orixe.
Se che interesa a materia prima coa que se elabora café non podes deixar de ler a entradas deste magnifico blogue, cada unha delas é unha clase maxistral sobre o café.
Non o podes perder se queres entender o café como materia prima.

9º Café Kinetic

Se queres coñecer un enfoque do mundo do café máis actuais e interesante en fala hispana, non tes máis que acceder a este magnifico blogue de café.
É un blogue moi completo sobre o mundo do café que perprofundiza no consumo, preparación, tostado e moído do café.
Ademais de enfoque anterior o blogue diríxese igualmente ao profesional ofrencendo información e formación para baristas profesionais.

10º Aroma de café

É un excelente blogue sobre o café.

Se es profesional do sector poderás acceder a todo tipo de información util sobre cales son as máquinas profesionais máis novas do mercado.

Sen renunciar a curiosidades e noticias sempre con aroma a café.

Un blogue para gozalo con calma.

 

O feito de seleccionar só 10 blogues de café fíxome cometer inxustizas, algún que ben merecía estar aquí relacionado e non o está,  pero amigos o xogo era darvos algúns dos 10 mellores blogues en español, e aí tédelos.

Para aliviar a miña mala conciencia, se sodes tan amables, podedes comentar cal é o blogue de café que o teu tes como referencia e que aquí non aparece.

Con isto despídome por hoxe, graza por chegar ata aquí.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020