AZUCRE E EDULCORANTES

Edulcorantes e azucre para o café

 
Edulcorantes e azucres de Cafés Sabora pensados para solucionar calquera necesidade que poida ter o teu cliente de adozar as súas infusións ou cafés.
 
A pesar de que recomendamos tomar os nosos cafés sen adozar, xa que todos eles son uns cafés de enorme calidade.
 
Sabemos que  moitos dos teus clientes non van atender á nosa recomendación.
 
Polo que poñemos unha ampla selección de produtos destinados a facer máis doce se cabe a experiencia de tomar un café Sabora.
 
Ofrecémosche tres tipos de produtos con variantes para que o teu cliente quede satisfeito.
 
1º Azucre en sobres.
 
Con diferentes formatos de sobres: rectangular, stick, un sobre con culleriña para café que saian do teu local.
 
2º Un edulcorante libre de azucre apto para diabéticos. 
 
O edulcorante está especialmente pensado para mesturar co café.
 
3º Por outra banda se o que queres é un azucre sen refinar, distribuímos panela.
 
A panela ou rapadura é unha alternativa ao azucre refinado xa sexa branco ou moreno.
 
Polo tanto, un azucre sen refinar, ao que non se separou a melaza dos cristais, que se obtén como resultado de triturar a cana de azucre e extraer o seu mollo con auga quente.
 
Nós vendémola en formato de sobres similares aos do azucre refinado e en envases de medio quilo para servir en recipientes aos teus clientes.
 
Sempre en forma de gran.
 
Podemos servir un ou varios dos produtos no teu local con rapidez.
Non Sabes que produto elixir? Fai unha pausa e… c chámanos ou contacta con nos.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020