NOTICIAS

Como preparar un gran café nunha Cafeteira Moka?

Facendo café con cafeteira moka ou italiana

A cafeteira moka ou italiana é unha cafeteira que consegue o infusionado do café ao facer pasar auga a unha elevada temperatura polo café .
Desta cafeteira e non do café moca con “c” que é un café con leite feito cun terzo de café expreso e dous terzos de leite vaporizada, neste caso referímonos ao café feito en cafeteira Moka, con “k”.
Sen máis que é e como se fai un café nunha cafeteira italiana ou de moka.

A temperatura da auga para un café. Cal é a correcta?

Facendo un café cunha temperatura de auga adecuada.

A temperatura da auga para preparar un café é un elemento básico para obter un gran café en cunca.
Necesitas unha temperatura na túa auga que che dé o café que buscas, quedarte e curto ou pasartee vai ter consecuencias sobre o café que estás a tomar.
Así que sen máis che daremos as claves para ter a temperatura da auga que necesitas .

6 elementos básicos para unha boa máquina de café expreso

Máquina de Café Expreso Gaggia

Falaremos dos elementos esenciais a ter en conta cando vaias seleccionar unha máquina de café expreso para o teu local de hostalería.
Lembremos que un gran café fresco, recentemente moído fino , e unha boa máquina de café expreso son os elementos esenciais para obter un gran café.
A parte está claro do manexo da máquina polo barista.
Así que sen máis as cuestións para ter en conta para seleccionar un café expreso.

Que son os baristas e cales son as súas funcións?

Barista facendo café de filtro en cono

Os baristas son un colectivo de profesionais da hostalería que coñecen en profundidade o mundo do café, e que se capacitaron para lograr cafés de gran calidade sexa cal for o método de preparación do mesmo, coidando e seleccionando o gran, o seu tostado, moído,e infusionado para obter unha gran cunca de café.
Son os especialistas en café nos locais de Hostalería.

Que é e como se fai un café de filtro

Café de Filtro nunha Chemex

Unha cafeteira de filtro é aquela cafeteira eu ten un filtro onde se deposita o café moído, sobre o que se verte auga quente para obter a infusión do café mediante a forza da gravidade.
Dá lugar a un café máis suave que o café expreso moi ao gusto dos americanos, de feito este tipo de café é coñecido igualmente como café americano
Facer café de filtro é unha tendencia en alza dentro do mundo do café en Galicia, e cando falamos do café en cafeterias como a V60 ou a Chemex resta decir que totalmente xustificada.
Entra a descubrilo.

Café en gran: 2 Razóns para preferilo ao café moído

Café en gran recentemente torrado

O café en gran é a mellor opción á hora de seleccionar a forma en que o café debe de chegar á túa casa.
No post explicarémosche as dúas razóns fundamentais para comprar café en gran.
Cafés Sabora pon á vosa disposición o café en gran e tamén o café moído, pero sempre recomendaremos que vos levedes o café en gran a casa.
Se es un profesional hostaleiro entón con máis forza e razón aconsellámosche que o teu café sempre o leves en gran,

Cal é o mellor café descafeinado para hostalería?

Café descafeinado á auga Sabora para hostalería

O mellor café descafeinado é un concepto que non custa usar, entendemos que non existe un mellor café ou un peor café en termo absolutos.
Pero nós si apostamos por un sistema de eliminación da cafeíina que permite conseguir un café descafeinado excelente, e por un tipo de café de recoñecida calidade como é o café arábica.

Que diferenzas entre un café so e un café expreso

Café só en máquina de café expreso

Á primeira pregunta, non son exactamente o mesmo, o café só é unha cousa e o café expreso outra, xa que son termos que fan referencia a dúas clasificacións distintas do café.
O café expreso é aquel café que se fai cunha máquina de café expreso.
E o café só facer referencia a un café que só leva auga e café na súa composición independentemente da cafeteira coa que se faga.
Certo é que normalmente se pides un expreso no sur de Europa poñeranche un expreso só, pero se pides un café só no norte de Europa probablemente non che poñerán un expreso senón un café de filtro.

Páxinas

Subscribirse a RSS -blogues

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020