Café Ecolóxico, Como se produce?

Recollida selectiva de café ecolóxico

O Café ecolóxico ou orgánico nace dunha cafeeira cultivado á sombra de maneira orgánica

O café ecolóxico  é un produto tropica que nace dun arbusto chamada cafeeira.

Planta de Cafeeira

 
Cando falamos de arbusto non pensedes nunha árbore pequena xa que é de fuste recto que pode alcanzar os 10 metros en estado silvestre; nos cultivos manteñense  normalmente en tamaño máis reducido, ao redor de 2 metros para facilitar os proceso de recollida do gran do café. 
 
Como o viño debemos de esperar uns anos a que produza as suas primeiras colleitas. 
 
A primeria colleita producirase tres o catro anos despois ca súa primera floración que da lugar a unha flor de cor branca ou de color rosa; algunhas especies, en especial Coffea Arábica, son capaces de autofertilización, mentres que outras, como Coffea robusta, son polinízadas por insectos. 
 
O proceso de floración dá lugar co paso do tempo a un valo de cor avermellada e sabor dozón en cuxo interior se garda o gran de café que é o que realmente tostamos para logo moelo, e facer todos os tipos de cafés que tanto amamos.

Cultivo orgánico do café ecolóxico

Pero como todos os produtos agrícolas á hora de cultivalo podes facer un cultivo do café ecolóxico ou orgánico ou un cultivo industrializado. 
Desde cafés Sabora levamos xa uns anos centrado no torrado e distribución de café ecolóxico.
 
Tradicionalmente o cafeto adoitábase sementar á sombra doutras árbores froiteiras de maior porte. 
Hoxe a técnica do cafeto "baixo sombra", realízase mesmo aproveitando as árbores naturais do ecosistema das zonas de produción. 
Con esta técnica de cultivo obtense un gran de maior calidade e sabor, diminúe a cantidade  de cafeína en cada gran de café,  conseguindo cultivos integrados no ecosistema da zona, o que é máis san para os cultivos e na área pódense combinar produtos para o autoconsumo e para o mercado internacional.
 
Todo iso sen necesidade de atacar ao medio e deforestar selva.
O café  ecolóxico cultivado "baixo sombra" mantén as árbores da montaña que reducen a radiación solar e protexen o chan.
 
Deste xeito presérvase a biodiversidade e faise uso sustentable da auga e outros recursos.
 
A certificación ecolóxica garántenos que o consumidor vai ha ter a certeza de que o café orgánico foi producido en condicións de garantir unha produción sostible no tempo.

O cafetal baixo sombra tamén permite cultivar o cafeto sen necesidade de praguicidas e fertilizantes químicos. 

O resultado é que se evita a contaminación da auga e consérvase a riqueza do chan das zonas de produción, e que o produto está libre dos restos que no café poidan deixar os fertilizantes e os praguicidas que se son necesarios nos cafetais que non utilizan está forma de produción ecolóxica. 
Na agricultura orgánica ou ecolóxica, as pragas deben combaterse sen a intervención de sustancias químicas, como os pesticidas ou herbicidas químicos.
Na produción ecolóxica é a mesma fauna silvestre, especialmente, os páxaros, abellas ou morcegos que viven nas árbores que dan sombra ao café axudan a manter o equilibrio natural evitando pragas que acaben coa produción dos cafetais. 
As poboacións silvestres destes animais son esenciais para manter baixo control os distintos insectos daniños para o cafeto. 
Debemos de agradecer a morcegos e as abellas desenvolven o seu labor inestimable para controlar as máis de duascentas especies de insectos afeccionados ás vayas de onde se obtén o fantástico café ecolóxico.
 
O mellor de todo para o produtor é que a diferenza de pesticidas e herbicidas non custan un céntimo, e para nós que nos permiten gozar dun café natural, sen contaminantes, de excelente aroma e sabor. 
 
Iso si xeran moita máis necesidade de man de obra polo que xera máis postos de traballo próximos ás comunidades que viven nas zonas de produción.
 
O cultivo ecolóxico do café esixe pequenas parcelas e réxese por normas internacionais de produción e industrialización que son verificadas por un sistema de certificación que garante a trazabilidade do café libre de produtos de síntese química.
 
Os nosos cafés e descafeinados ecolóxicos forman parte desa cadea, que fai chegar á túa cunca un café san e natural.

;

 

Podemos resumir as virtudes do cultivo do café ecolóxico en tres grandes apartados:

café Ecolóxico é unha opción fantástica para Medio Ambiente:

  1. Protexen o chan, pois o café orgánico cultívase baixo árbores de sombra respectando a biodiversidade da zona onde ese establece o cultivo.

  2. Permite a convivencia en harmonía con infinidade  de especies vexetais e animais, entre os principais están os insectos, aves de todo plumaxe e condición, réptiles, mamíferos pequenos, e nalgunhas zonas tamén existen mamíferos do planeta mesmo tigres, osos, etc. Entre os vexetais temos orquídeas, fieitos, etc.

  3. Os cafetales orgánicos nalgunhas zonas de México serven de zona de transición de áreas naturais protexidas, por exemplo a Reserva da Biosfera o Triunfo, Reserva El Ocote, Reserva de Montes Azules, todas en Chiapas.

  4. Os cafetais orgánicos son importantes fábricas de osixeno, fixa a auga ao territorio, e evita procesos de deserticación.

A produción de café ecolóxico lonxe de prexudicar aos campesiños benefíciaos.

 
Con respecto ao ámbito social, os cafetais orgánicos por máis de 20 anos convertéronse en importante fonte de emprego de miles de familias, quen substitúe os agroquímicos que se usan na caficultura convencional por maior emprego de man de obra. 
A maior man de obra permite máis salarios para as poboacións próximas para os cafetais, e ningún beneficio para as empresas químicas.
Por exemplo, para controlar as herbas utilízanse machetes, e faise manual en lugar de aplicar herbicidas.
 
Para o control de pragas aplícanse diferentes técnicas entre as cales podemos mencionar a regulacíón de sombra ofrecendolle máis sol as prantas afectadas por fungos que morren ca luz, podas dos cafetos, recolección de todo o café.
 
O café ecolóxico permite a conservación e mellora da fertilidade dos chans, pois os caficultores preparan os seus propios abonos orgánicos, como compostas ou vermicompostas, utilizando os residuos das colleitas e outros materiais que teñen na mesma unidade de produción.
 
Non se tira nada, todo reutilízase na propia explotación.
 
A produción de café ecolóxico tamén favoreceu a saúde dos habitantes das comunidades, non se expoñen á intoxicación por agroquimicos.
 
Os produtores ao realizar café orgánico puideron atopar alternativas de comercialización a un mellor prezo que o café convencional. 

Por último é unha boisima noticia para o consumidor

O consumidor non só pode estar seguro que toma un café dunha alta calidade do producto (sabor, aroma, corpo, acidez, etc), senón tamén coa máis alta calidade ambiental e social, axudando na construción dun mundo mellor para todos. E isto para Cafés Sabora é fundamental.
 
Cafés Sabora asegurámonos de que os produtos pasan os máis altos controis de calidade nos países produtores, a través dos organismos de control, e respectando sempre a normativa europea vixente, que nos permite vender cafés e descafeinados ecolóxicos tanto para hostalería como para a tenda. 
 
As certificación ecolóxica garántenos que o consumidor vai ha ter a certeza de que o café foi producido en condicións de garantir unha produción sustentable no tempo.
 
O noso café conta con varios certificacións internacionais como a dNarturland de Alemaña, ou o IMO control de Suíza, dispón dun certificado de café de sombra ou Bird Friendly, para un segmento do mercado moi reducido que valora a produción en harmonía co paxaros e certificación JAS para vendas exclusivas en Xapón.
 
Ademais de cumprir coa normativa para a venda de cafés ecolóxicos ou cafés orgánicos en España e ao UE.
O café ecolóxico convive en harmonía co ecosistema da zona de produción, xera máis traballo nas comunidades que ocupan ise territorio e produción, ofrece máis calidade sabor, aroma, acidez que un café non ecólogico. 
Non podo darche máis razóns en menos tempo para que lle deas unha oportunidade. Se aínda non o fixeches próbao, saldrás ganando. 
 
Consumes café ecolóxico? Por que?
 
Que opinas deste café?
 
Non deixes de comentar a túa opinión sempre nos interesa.
 
Se che gustou o post compárteo en redes sociais, agradecémoscho.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020