Café Ecolóxico para hostalería 100% arábica
É un café cultivado de forma tradicional en Perú, México ou Colombia, sen a presenza de ningún pesticida ou fertilizante non naturais, e co máximo coidado co medio ambiente. Non se trata dun blend senón que dependendo da época do ano selecciónanse grans dalgunha destas tres procedencias.
Son cafés saudables para o noso corpo cunha produción é moi respectuosa co medio ambiente natural, onde os grans de café son producidos, e tratados con técnicas especialmente deseñadas para ter un impacto mínimo sobre o medio.
Da un café suave, equilibrado, con excelente nivel de acidez que lle permite satisfacer as expectativas que se poidas poñer neste descafeinado.
Non quedarás decepcionado polo seu sabor ou aroma.
Se che preocupa a saúde e che interesa protexer o medio ambiente, sen renuncia e ter un bo café, este é certamente o teu produto.
Conta con varios certificacións internacionais que apoian o Café Ecolóxico de Cafés Sabora como o Naturland de Alemaña, ou o IMO control de Suíza, dispón dun certificado de café de sombra ou Bird Friendly que certifica a produción en harmonía co paxaros nas facendas onde se produce o café, e dunha certificación JAS para vendas exclusivas en Xapón.
Ademais de cumprir coa normativa para a venda de cafés ecolóxicos ou cafés orgánicos en España e ao EU.

Tamén tes nesa mesma liña o Descafeinado Ecolóxico de Sabora, sen cafeína.
O Café Ecolóxico é unha opción moi interesante para que podades servir o cliente:
-
Un café Arábica da máxima calidade.
-
Cultivado en altura a sombra doutras árbores
-
Sen utilizar pesticidas nin herbicidas.
-
Recollido a man nunha recollida selectiva do gran en plena madurez.
-
Cun procesado húmido que dá máis calidade o café.
-
Torrado cun grado de torrado medio para sacar todo o que leva dentro en canto a aroma e sabor.
E agora o noso café ecolóxico para hostarlería nun envase metálico de dous quilos que garda todo o aroma e sabor do café recen torrado moito máis tempo.
Características en cunca do café Descafeinado Ecolóxico de Sabora:
-
Arrecendo pronunciado
-
Sabor doce e suave
-
Acidez pronunciada
-
Corpo medio a neutro
-
A crema color claro
Presentación en bolsas de 250 y de 500 gr.
Envase metálico de 2 kg.
Non sabes que café para hostalería elixir? Fai unha pausa e… chámanos ou contacta connosco.