Café Vienés: como se prepara e un pouco de historia
0
Café Vienés
Café Vienés en cunca de cristal
Qué é o café Vienés?
O café Vienés é un combinado delicioso de café, azucre e nata batida, ou semibatida se queremos ser máis correctos na elaboración deste café.
É unha das receitas para preparar un café máis antigas.
Co outono en pleno esplendor e o inverno asomando quizá sexa o momento de falar dun dos cafés máis clásicos que podes tomar: o Café Vienés.
Un café que non debe de faltar nunha carta de cafetería, nin o receitario dunha cociña que se prece de coidar o café dos invitados.
Un pouco de historia sobre o café Vienés que seguro che entretén.
As tropas turcas asediaron Viena no verán de 1683 antes de producirse a batalla que finalmente perderían.
Sexa real ou non a tradición di que a primeira cafetería europea nace nunha Viena que ve como as tropas turcas abandonan a cidade nese mesmo intre.
Para outros non é a primeira cafetería europea pero esta é outra cuestión.
O sexa ou non sexa, o que si parece certo é que a presenza do café en Viena é antiga e ten que ver coa guerra cos turcos.
Imos ao gran, nunca mellor dito, cas orixes remotas do Café Vienés.
A historia comeza nunha Viena en guerra e asediada polo exercito turco como dixemos.
Na liberación da cidade terá un papel especialFranz George Kolschitzky (Jerzy Franciszek Kulczycki en polaco, 1640-1694), un nobre polaco descendente dunha familia da actual Ucraína.
Kolschitzk era tradutor e intérprete, diplomático, mercador e tamén soldado, que dominaba varias linguas e coñecía o café e as súas propiedades.
Resulta que o bo de Kolschinzk foi que de atravesar o sitio de Viena parece que entoando cancións militares turcas.
E apañouse para atopar e convencer aos dirixentes doutros reinos cristiáns da zona da ameaza que supoñen os turcos para eles tamén.
A axuda que consegue resulta decisiva para que os Vieneses venzan.
E que ten que ver isto co café vienés?
O exercito turco abandona a cidade por que foi derrotado, e as présas deberon de ser moitas, xa que deixaron abandonadas as provisións de café que tiñan.
Tratábase dunha boa cantidade do apreciado café turco que debían de tomar para aliviar o tedio de cercar Viena.
O bo de Kolschinzk debeu pensar, esta é a miña, apoiado pola súa popularidade fíxose con eses sacos de café turco e instalou o que de seguro foi a primeira cafetería da cidade Austríaca.
Bonita historia que ten o defecto de que probablemente non sexa certa, pero como din os veciños do Sur dos austríacos, se non è vero, è ben trovato, así que quedemos con esta bonita historia do santo patrón do café en Viena ata que estatua ten o noso heroe cafeteiro na capital de Austria.
O café gustou ao vienés xa que lle viron a graza a iso de beber café.
Co paso do tempo chegaron a darnos a súa versión de como tomalo, no que quizá sexa a maior achega de Viena ao mundo do café: O café Vienés
Agora que fixemos un pouco de historia imos directamente a
Receita do café Vienés
Para realizar este café necesitaremos un expreso con corpo, de intensidade media e cun padal doce.
Prepararemos un café expreso dobre, engade azucre e remóveo ata que o azucre quede disolto.
Facemos a nata fresca cun toque de azucre. A nata debe engadirse semibatida.
Botamos o café nunha cunca de cristal.
Coa axuda dunha culler desliza a nata semibatida por encima do café son suavidade, para que non se mesturen nata e café antes de seren consumido.
Engadimos chocolate ou cacao en po, ou se che apetece con labras de chocolate.
Se te decides por esta última opción, as labras de chocolate, coidado con botar moitas, pesan e afundiríanse na nata.
Podes completar o teu café Vienés con Vainilla ou canela sobre a nata montada ao gusto da persoa que o vai a tomar.
Eu persoalmente prefiro a vainilla, pero para gusto cores, non?
Como dicimos sempre proba o que che vai mellor e o que che gusta máis.
Ao tratarse dunha bebida con varias cores moi diferenciadas, o contraste que se pode apreciar a través dun vaso ou copa transparente resultará moi tentador e agradábel para o teu cliente ou convidado.
Así que non deixes que se perda ese efecto usa un vaso ou cunca transparente para servilo.
Como veño advertindo desde hai uns anos existe unha tendencia a mundial a botar alcol ao café, e no Café Vienés non é un excepción.
Algún agudo Vienés pensou en facer iso mesmo coa súa bebida preferida e deu lugar a dúas versións do café Vienés con alcol.