Cafés do Mundo. Unha viaxe polos trópicos

Grans de café formando un mapa dos cinco continentes

Os Mellores cafés do mundo.

Se estás a buscar unha relación de marcas ou de tipos de cafés clasificados como os mellores cafés do mundo que sexan superiores a outras este non é o teu post.

No caso de que o que busques sexa información para saber recoñecer os mellores cafés do mundo chegaches a bo porto

Entre Cancro e Capricornio sitúase o noso mundo.

Non, non facemos horóscopos?, senón que aínda que tostamos desde unha esquina de clima atlántico da Península Ibérica, Galicia, o noso produto, o café, chega de zonas de cultivo situadas entre os dous trópicos.

Somos empresa familiar dedicada desde fai dúas xeracións a tostar cada día cafés. Si amigos, empezamos no ano 1985, catro décadas tostando cafés e non deixa de apaixonarnos este mundo.
Esta actividade permitiunos coñecer un interesante mundo que son a plantacións das cafeeiras, que circunvalan o planeta entre ambos os trópicos.
Como podes imaxinar nunha zona de  tamaño tan inmenso, os tipos de cafés, as zonas de produción, os países que producen cafés son moi variados.
E o post que pretende falar de todos eles será á forza inxusto, so pretendemos dar unhas pinceladas sobre o pode dar para escreberen  libros enteiros.
 

mellores cafés do mundo

 
O café non é o froito dunha soa especie de carfeeira de feito, existen varios tipos de cafés con diferenzas notables entre eles.
 
Catalogáronse máis de 100 especies diferentes de cafetos, pero só dous tipos teñen a práctica totalidade da produción mundial: o café arábica e o robusta.
O arábica é xeralmente recoñecido como un gran de calidade superior.
O arábica é o café máis cultivado no mundo, con entre 60%  e o 70% da produción mundial, mentres que entre o 30 e o 40% corresponde ao robusta.
 
Ademais, atopamos café arábica en case todos os países produtores de café con resultados moi diferentes segundo a variedade, clima e xeografía.
 
Arabicas os mellores cafés do mundo

Os Mellores  cafés de America do Sur

Países como Colombia ou Brasil, son grandes produtores mundiais de grans de café de numerosas variedades, case sempre se trata de cafés arábicas.
 

Cafés do Brasil

Cun 80% do café arábica Brasil é o maior produtor mundial de café.  
Onde realmente destaca é no café arábiga natural, son cafés de bo corpo en cunca. 
 
Enormes  plantacións de millóns de árbores do café cobren os cerros do centro sur de Brasil.
 
Para a industria do café comercial, Brasil é de importancia fundamental, un xigante neste aspecto. 
 
A industria brasileira do café concentrouse desde o inicio en producir cafés a "prezo": baratos pero suficientemente agradabeis.
 
Con producións tan masivas podes atopar niveis de calidade diferentes, pero os cafés de Brasil arábica recollida selectiva a man, e procesado humido son dunha calidade excelente.
 

Cafés de Colombia

Que dicir?, amigos, un dos nosos cafés preferidos, os cultivados cultivado en Colombia, é unha bebida suave, de cunca limpa, con acidez e corpo medio/alto, aroma pronunciado e completo, ben tostado, é unha marabilla para o sentidos.
 
Estivo desde o primeiro momento connosco co noso Café Colombia para Hostalería.

 

Cafés de Perú

O mellor café peruano é  un  café cheo de sabor, aromático, suave e medianamente acedo.
 
Chancamayo proveniente do centro sur do Perú e Urubamba dun distrito do sur preto de Machu Picchu, son  quizá os máis coñecidos. Están a facer un esforzo grande no cultivo de cafés ecolóxicos.
 

Cafés de Centroamerica

 
O chan é volcánico e case toda a rexión está chea de altiplanos. Canto máis alto crecen os cafetais, máis intenso é o aroma.
 
Destacan como países produtores:
 
Costa Rica cuns cafés suaves e aromáticos, carácteristica é a súa sutil acidez. É un pais que apostou polo café e multiplicou a súa produción nos últimos anos.
 
Guatemala dá lugar a un café que cambia co tostado do grao dunha forma evidente. Con cafés levemente tostados é suave e cheo, pero se se tosta moito adquire un carácter forte e afumado.
 
Porto Rico ten un café intenso no sabor e de  crecente popularidade.
 
Xamaica lugar a un café moi apreciado polos afeccionados ao café. O café Montaña Azul de Xamaica é, ou foi, un café clásico balanceado con abundante aroma, corpo completo e unha suave acidez . A súa pouca dispoñibilidade  e as súas características fixeron deste un dos cafés máis renombrados no mundo. 
 

En México podemos destacar que fixeron un gran esforzo en cafés de cultivo ecolóxico.

 
A maioría do café mexicano provén de parte sur do país, mirando cara o resto de centroamerica. O estado de Veracruz, sobre o lado do golfo na montaña central, produce a maioría de café de baixa altura, pero os cafés chamados Altura Coatepec, provenientes dunha rexión montañosa próxima á cidade do mesmo nome, teñen unha excelente reputación. 
 
Outros cafés notables de Veracruz son Altura Orizaba e Altura Huatusco. 
 
Os cafés do estado de Chiapas son cultivados nas montañas do sueste mexicano, próximo á fronteira con Guatemala.

 
En volume de produción, os maiores produtores son México, O Salvador, Honduras, Costa Rica e Guatemala. 
 
Pero a nosa viaxe polo globo non se acaba en terras Americanas ben sexan do centro ou do sur.
 
Convidovos a continuar na viaxe, e o mellor dela é que podemos facela á beira dunha cafeteira. E convídovos a percorrelo así.
 
Pero centrémonos noutra zona do globo a máis afasta de nós,

Oceania e as illas do Pacífico

Unha extensión pequena é moi variable en canto ás características de café.

Australia, produce un café exclusivamente da variedade arábica, quizá cun sabor demasiado brando e moi pouco amargo, polo menos para o gusto nacional.
 
Hawai é un café de rico sabor, cun toque de cacahuete, ten máis corpo do habitual e un agradábel aroma.  Lembra ao Café de Colombia con eses toques  de cacahuete.
 
Papúa-Nova Guinea, quizá soe un pouco exótico para nós. Os cafés de Nova Guinea son producidos en grandes e modernas facendas que producen un café moi ben preparado, limpo, arrecendo profundamente demensionado e moderadamente acedo. 
 
Outros cafés ecolóxicamente cultivados en Nova Guinea son producidos en pequenas leiras e procesados polos agricultores usando medios tecnicamente simples, producindo un café peculiar, cheo e complexo, excelente como o que máis.
 

Non esquecemos o continente Africano

 
Que como para tantas outras cousas podemos dividir en Africa oriental e Africa occidental.

Africa Oriental

O café cultívase en terrazas para poder aproveitar mellor a auga da choiva. Prodúcense variedades de café que sobresaen polo seu grao de acidez. Destacan como países produtores como:

Kenia produce un café que destaca polo seu aroma e o seu agradábel sabor iso si apto para os que gusten de sabores intensos, e como non, de acidez alta.

Os cafés de Tanzania  lembran ao sutil café centroamericano, con menos acidez que o café kenyano.

Uganda é o produtor do máis apreciado Robusta africano e café que utilizamos na nosa Negro Selección, unido aos mellores cafés brasileiros, que nos deixar un café que une o mellor de dous mundos. O café fino arábigo de Uganda mostra unha acidez a viño e outras características de sabor dos mellores cafés do leste de África

Etiopía produce o xa famoso café Moka ten un sabor intenso. Son cafés fortes e de corpo.

Africa Occidental

As  plantacións atópanse no chairo, a escasa altura. Adoitan ser grandes explotacións que posibilitan o traballo con máquinas e producen cafés Robustas. Os principais países produtores son Camerún e Costa do Marfil o café que producen é un café forte e amargo que que algunhas empresas emprega nas mesturas para espresso.

En xeral máis produción que calidade.

Xa para terminar non podemos esquecer os cafés de Asía

As zonas de produción céntranse principalmente en Vietnam, India e Indonesia.

 

Cafés de Vietnam é os segundo produtor mundial e primeiro de Robustas.  O seu café pequenas plantacións localizadas na metade sur do país. O café vietnamita ten unha acidez lixeira e corpo medio cun bo balance. É usado frecuentemente para preparar mesturas.

Indonesia está a produciren fundamentalmente robustas aínda que tamén algúns arábicas de gran calidade. Dentro de Indonesia caben destacar:

O café de Xava é unha variedade de sabor único, intenso e maduro, como consecuencia do proceso de maduración do gran.

En Sumatra producensen cafés cun sabor menos intenso que o do café de Xava pero ten un toque de delicada acidez.

 
Indonesia no café  é un país de contrastes podes atopar grandes cafés e cafés francamente mellorables, por non utilizar outra expresión. 
 

Na India tamén produce ambas as variedades de café arabica e robusta.

O café da India é cultivado no sur do país. O mellor é discreto con corpo e acidez moderados e ocasionalmente con matices intrigados; o peor dá lugar a un café brando. 
 
Como vedes a presenza do café no mundo é ampla, en Cafés Sabora  sempre coidamos en primeiro termino da calidade  do produto que tostamos e á vez que diariamente ofrecemos o toste xusto a cada tipo de café para que chegue aos seus clientes con todo o aroma e o sabor.
 
Sen esquecernos das mesturas de distintos cafés que potencian moitas veces o resultado final na túa cunca.
 
O único que podemos achegar ao cafés é noso saber facer á hora de tostar.  E facémolo con gusto diariamente para que goces do mellor café. Tanto é así que a día de hoxe ese Tostados no día, figura no noso logotipo, e é un signo de identidade da nosa empresa. 
 
Espero que gozases da viaxe polo mundo de café, e non o esquezas a vida é curta para tomar un mal café, e longa para gozar bos cafés.
 
Tamen che poden interesar
Que son os cafés arábicas? 

7 diferenzas entre o café arábica e o café robusta 

Un gran café para restaurantes: como identificalo 

Grans de café, o que debes coñecer se es un amante do café.
Se che gustou compárteo.
 
 
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020