Cafés ecolóxicos, recoñéceos no andel da túa tenda.

Café ecolóxico cultivado á sombra

Os cafés ecolóxicos tamén coñecido como cafés orgánicos,  que tipos de cafés son?

Son uns produtos que se rexe por unha normativa oficial que leva implícito un seguimento e control dos cafés ecolóxicos dende o seu cultivo ate que chegan o andel da tua tenda.

Os cafés ecolóxicos ten que cumprir cunha esixente normativa que establece unha producción en ausencia total de pesticidas, herbicidas, e abonos químicos. No seu lugar, empréganse abonos elaborados con refugallos e materia orgánica e efectúanse labores de conservación de chans. 
 
Nun café cultivado con prácticas ecolóxicas, calquera que sexa o nome que lle acompañe ("orgánico" "ecolóxico" "sustentable" "de sombra") a maior garantía que temos os consumidores de que realmente se trata dun café ecolóxico é comprobando que o café dispón os selos de garantía que obligatóriamente ten que levar no seu paqete.

cales eses selos que ten que levar os cafés  ecolóxicos e o resto dos produtos procedentes dunha agricultura ecolóxica, tamén chamados orgánicos, biolóxicos ou simplemente bio? 

 
Este tipo de produtos utilizan os chamados selos de acreditación ecolóxica. 
 
En cada produto podemos atopar un ou varios selos de diferentes autoridades. 
 
No café ecolóxico procedentes da Unión europea no cumprimento dos requirimentos para todos os produtos ecolóxicos na EU é supervisado a través de centros de referencia para a certificación por cada Estado, debe de ter presente o logotipo de agricultura ecolóxica. 
 
É dicir que o selo de agricultura ecolóxica indica os produtos que cumpren polo menos cos requisitos da EU en canto á regulación ecolóxica. 
 
O selo que tes que buscar no teu paquete é este, pode aparece en negro sobre fondo branco, ou cambiar o fondo verde por un fondo negro, pero o selo ten que ter sempre presencia:
 
Selo de Agricultura Ecolóxica da UE.
 
Se nun paquete de café ves este símbolo o café que contén é un café que cumpre coa normativa europea de produtos ecolóxicos.
 
Como ves os selos son logotipos que certifican segundo normas establecidas pola Unión Europea, países ou rexións. A competencia do control destes produtos é nacional, e no caso de España está transferida á Comunidades Autónomas.

Se o café torrouse en España levará o selo da comunidade autónoma  que varia lixeiramente dunha a outra. 

 
Por este selo saberemos que o café ecolóxico  que adquirimos é un café ecolóxico envasado na comunidade autónoma correspondente. 
Todo produto debe de contar co selo do seu consello Regulador da comunidade autónoma onde se produce, especificando a comunidade da que procede.
Normalmente as certificacións das Comunidades Autónomas contan con: o nome da certificación, o código da autoridade que concede a autorición da lenda Agricultura Ecolóxica no paquete de café. 
 
Como a regulación especifica corresponde á Comunidade Autónoma existen variacións significativas no logo, déixovos unha relación das que vos podedes atopar.
 
 
 Selos de agricultura ecolóxica por comunidade autónoma.
 

Nós nos nosos café ecolóxico para tenda e para hostalería, e nos nosos descafeinados ecolóxicos para tenda e hostalería, como non podía ser doutro xeito contamos co símbolo de garantía da Unión Europea, e co selo da Comunidade Autónoma de Galicia xa que estamos certificados polo consello regulador da Agricultura ecolóxica de Galicia.

Estes selos son os que garanten que o café que se vende é efectivamente un café ecolóxico xa que cumpre a normativa europea.

E aquí amigos non quere deixa de comentar, que debaixo do símbolo europeo que garante que o café é ecolóxico veredes que  pon unha lenda  que non é outra que "agricultura non europea".

Isto quere dicir que o café non foi cultivado en Europa, xa que por desgraza, ningunha rexión europea ten as condicións para cultivar café, por tanto o café sempre virá dun terceiro país con clima tropical.

Devandito isto nos países de orixe tamén se controla o proceso de produción para garantir que o café é ecolóxico.

Adicionalmente, existen selos de certificación de carácter privado, que profundan nalgún aspecto da certificación.

O Café ecolóxico de Sabora ademais de todas as certificacións de UE e España conta con varios certificacións internacionais que apoian  ao noso café. É o caso do Narturland de Alemaña, ou o IMo control de Suíza, dispón dun certificado de café de sombra ou Bird Friendly, para un segmento do mercado que valora a produción en harmonía co paxaros e certificación JAS para vendas exclusivas en Xapón.

Toda a produción e venda de café ecolóxico está regulada mediante normativas que abarcan a todos os produtos de agricultura ecolóxica e ás que loxicamente o café ecolóxico ten igualmente que atender.

En Europa, a lexislación sobre clasificación de alimentos que cumpren coa normativa ecolóxica inclúe e protexe os termos  como eco, ecolóxico, org, orgánico,  bio e biolóxico. 

A normativa española decídese polo termino se produto ecolóxico para o empaquetado, e por tanto os cafés torrados en España se etiquetan como cafés ecolóxicos.

Para garantir o cumprimento da estrita normativa europea en materia de produción ecolóxica agraria, existen diferentes entidades de certificación autorizadas e independentes que realizan controis adicionais. 

Estas análises e controis realízanse periodicamente ao longo do ano, garantindo ao consumidor que está a comprar produtos libres de calquera compoñente químico e pesticidas e proporcionando un selo ou aval de calidade ecolóxica.

Estes avais ofrecen garantías de transparencia fronte ao consumidor, calidade e cumprimento de normas establecidas para a produción ecolóxica europea, no Regulamento Europeo 834/2007.

En España o órgano que ten as competencias é o CRAE, Comisión Reguladora de Agricultura Ecolóxica, adscrita ao MAGRAMA (Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente). A súa función é asesorar, ser foro de encontro do sector entre consumidores, a administración central e as Comunidades Autónomas.

As competencias en canto ao control do mercado foron transferidas ás Comunidades Autónomas. Cada Comunidade Autónoma ten o seu Consello ou Comité Regulador, que depende da súa Consellería ou Departamento de Agricultura.

É dicir, as Comunidades Autónomas teñen as competencias de control directo e último sobre a produción e certificación ecolóxicas. 

É o Consello Regulador de cada comunidade é o que somete a inspeccións ás empresas e toma as mostras de cada fase do produto. E é tamén o que autoriza a unha empresa para comercializar un produto como ecolóxico. Por exemplo, a Cafés Sabora quen lle outorga o selo de produto ecolóxico, por cumprir todos os requisitos e foi o CRAEGA, Consello Regulador de Galicia,  xa que é aquí en Galicia onde está a sede central da empresa.

Os selos da UE e o da comunidade autónoma cafés ecolóxicos é a única garantía oficial de que o produto procede realmente da agricultura ecolóxica.

Por tanto  no teu paquete de café busca o símbolo do café ecolóxico da UE e o selo da comunidade autónoma garantindo que o produto é ecolóxico. Así non terás dubidas de que se trata de un café ecolóxico.

Se che gustou comparte o post para que todos poidan coñecer un pouco mellor o proceso de certificación do café ecolóxico.

¿Atopas ou non atopas diferencia entre un café ecolóxico e un café  con un cultivo mais industrial?  

¿Coñecias a normativa e os selos de agricultura ecolóxica?

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020