Cafeteiras que fan un gran café sen usar cápsulas

Cafeteiras Chemex en barra de cafetería

As cafeteiras Sen cápsulas

As cafeteira pola que che decidas vai ser un elemento fundamental á hora de obter un café que che poida satisfacer.
 
Por iso coñecer as opcións que existen é importante para poder acertar na decisión.
 
E si amigos do café existen unha boa cantidade de cafeteiras sen cápsulas que nos permiten facer un gran café sen necesidade de contaminar o planeta con restos de cápsulas.
 
As cafeteiras son uns elementos tan esenciais á hora de obter un café que determinan aspectos tan importantes como o grao de moenda do café, tempos de paso da auga, presións aos que se lle somete o café, etc.
O mesmo café utilizado en cafeteiras diferentes vai dar cafés en cunca moi distintos.
Por tanto hoxe imos falar das cafeteiras en xeral e das consecuencias que ten elixir unha ou outra cafeteira desde un perspectiva  múltiple.
 
Comecemos por falar dun tipo de cafeteiras moi de moda y que desde este mismo intre desaconsellamos.

As cafeteiras de cápsulas.

Nespressso comezou con elas e outros moitas marcas seguírona.
 
Podes atopalas entre 50 e 200 euros na súa gran maioría.
 

Pero que achegan ao café as cafeteiras e cápsulas?

 
 
Cada vez son máis os que teñen en casa porque  é un sistema monodose: rápido, limpo e cómodo non o imos a negar. 
 
A partir de aquí todo son desvantaxes
Tes que saber que se fas cálculos pagas máis de 50 euros por quilo de café en cápsula, sen saber moitas veces procedencias dese café ou a calidade do mesmo.
Con cincuenta euros quilo,  e con menos da metade tamén,  podes comprar grades cafés e preparados con calquera outro tipo de cafeteira con resultados moito mellores na miña opinión.
 
As cápsulas son un gran negocio para as marcas que o venden, de cafés mediocres en moitas ocasione, obteñen un rendemento económico co que non podían nin soñar antes de ter as cápsulas á súa disposición.
 
Pero con todo o que menos me gusta destas cafeteiras non é iso.
 
Perdes toda posibilidade de decidir sobre o café que fas, todo está determinado pola marca que compras.
Desde que o fabricante mete o café na cápsula ata que o preparas, practicamente a única opción que che dan é elixir un tipo de cápsula ou outro.
 
Ti non decides nada, nin a calidade do café que compras, nin o tempo de paso da auga polo café, nin o grao de moenda, etc, e teño que recoñecer que iso non me gusta absolutamente nada.
 

Pero con todo o peor é o custo ambiental destas cafeteiras de cápsulas.

Expoñamos unha simple cuestión: as cápsulas que utilizan estas cafeteiras son reciclabeis?

A resposta é que non, polo menos a gran maioría non o son. 
 
Existen algunhas tipo de cápsulas reciclables pero que no o son polas canles habituais, é dicir, pódense reciclar pero non nos contedores públicos, e só poden ser reciclados pola mesma empresa que os distribúe, e débense levar aos puntos de recollida que eles mesmos habilitan. 
 
De todos os que venden non se consegue reciclar unha porcentaxe moi significativa.
 
  • O 73 por cento tirábaas ao lixo directamente, co cal quedaban sen reciclar.
  • O 18% manifesta que as reciclaba en tenda.
  • Un 9% non se adscribe a ningunha das dúas opcións principais.
Finalmente, nos últimos anos apareceron empresas cafeteiras que fabrican cápsulas  compostabeis que, estas si son reciclables, pero non son nin de lonxe as máis vendidas.
 
O problema xérano 7 mil millóns anuais de cápsulas que non poden ser recicladas. 
 
7.000.000.000 de cápsulas das que unha porcentaxe enorme que cada ano van parar ao medio.
Incluso o creador das  K- cup, a cápsula  mondose máis vendida en Estados Unidos, queixouse do gran impacto que provoca o seu invento e afirmou que se arrepinte da súa invención. 
 
Así que se a túa prioridade é a comodidade e a rapidez podes ser a túa cafeteira desde calquera outro punto de vista foxe destas cafeteiras.

As cápsulas que empregas para gozar do teu café é unha práctica insustentable

As cafeteiras  expreso

A súa principal vantaxe é que dan un café expreso que moitos apreciamos enormemente.
 
Estamos a falar das típicas cafeteiras que podes atopar nunha cafetería.
 
A súa principal desvantaxe é o prezo da máquina, se é unha máquina profesional terás que gastarche uns cartos importantes na máquina, falamos de máis de mil euros se é nova.
 
Existen opcións pensadas para o fogar a prezos moito máis alcanzables pero sempre tes que pensar de 70 ou 80 euros para arriba.
 
Se queres unha de certa calidade tes que irche a prezos entre os 300 e os 500 euros.
 
Un café expreso conséguese con 7 gramos de café, polo que un quilo de café tostado darache para 143 cuncas de café, así que poñendo que sexa un café arábica de certa calidade que podes comprar sobre os 18 euros, o café obtido cunha expreso sairache a 0,12 euros.
 
A canto pagas a túa cápsula? cantos cafés tomas ao mes? 
 
O mesmo amortizas a cafeteira expreso antes do que pensas se a túa consumes uns cuantos cafés á semana.
 

O certo é que podes obter cafés na túa casa excelentes con cafeteiras moitísimo máis baratas que as de cápsulas ou as expreso.
O residuo que xeran todas estas cafeteiras incluída expréso é a borra do café utilizado perfectamente reciclable no contedor verde que existe en calquera barrio de cidade ou pobo en España.
 
E o paquete de plástico onde o adquires adoita ser perfectamente reciclable no contedor amarelo.
 
Ao que tamén podes acudir para desfacerche de envases metálicos de 2, 3 e 5 quilos que se adoitan distribuír a hostalería para unha mellor conservación do café.

Que outro tipos de cafeteiras podo atopar no mercado?

As cafeteiras que che podes atopar no mercado son moitas, falaremos aquí dos tres ou catro tipos de cafeteiras que todos podemos ter en casa.
 

As cafeteiras Italianas

Existen modelos de diferentes marcas, por vinte euros pódesche comprar unha de calidade.
 
A cafeteira italiana é un clásico en moitas cociñas e posiblemente o método máis habitual de preparar café en casa.
 
Tamén se lle coñece como cafeteira moka
 
Podes atopar cafeteiras de diferentes tamaños para facer desde un só café pasando por 2, 4, 8, etc.
 
O custo por café en relación á primeira cafeteira de cápsulas ou expreso non ten comparación, por vinte ou trinta euros atopas cafeteiras de calidade deste estilo.
 
A preparación do café nestas cafeteiras é fácil e rápida. E cambiando a goma da cafeteira podes usala anos e anos sen problemas.
 
 

 

Cafeteiras de filtro manuais

Tipo Chemex ou o cono da V60 de Hario, atoparalas a partir dos 20 euros no caso da Hario e dos 50 nos da Chemex.
 
Cun mínimo coidado no seu uso durarache anos e anos, e poida que as poidan herdar á seguinte xeración.
 
Ademais da cafeteira terás que comprar  filtros de papel normalmente, onde se deposita o café.
 
Se che gustan os cafés suaves e aromáticos tipo americano esta é a túa cafeteira.
 
O café teralo preparado en seis ou sete minutos incluíndo o moído.
 
E todo o que utilizas en cada preparación é cento por cento reciclable, iso se o filtro á Bolsa de lixo de restos orgánicos, nos  se che vaia ocorrer deixalo no contedor amarelo.
 
Se queres saber Cómo facer un café cunha cafeteira Chemex pincha no enlace.
 
 

A cafeteira de filtro eléctrica.

É unha versión automática das anteriores a día de hoxe podes atopar cafeteiras deste estilo moi  ben de prezo, entre os 25 e os 50 euros tes onde elixir.
 
Persoalmente non me gusta tanto como as manuais, non podes controlar velocidades de paso da auga, nin temperatura da mesma.
 
Con todo o que me arrepía de verdade é o feito de deixar o café quentándose na placa que adoitan traer estas cafeteiras.
Un consello un termo se queres manter o café quente, por favor, non deixes morrer ao teu café queimado na plaquiña.

cafeteira eléctrica

CAFETEiRAS DE PRENSAS FRANCESAS

Outra opción perfectamente válida é o café realizado en cafeteiras de Prensas Francesas, tamén coñecidas como de cafeteira de émbolo.

Moi barata por menos de 20 euros tes unha calidade destacable que che deixa un bo café en minutos a un un prezo para todos os petos.

Normalmente as de certa calidade son de Borosilicato que non é outra cousa que un tipo de cristal. 
 
As cafeteiras de  émbolo permiten ver en todo momento o café no seu interior. Aínda que existen versións en aceiro que obviamente non deixan ver o café.
 
Fácil de limpar, é ademais, facilmente transportable.
 
Os  filtros son elementos esenciais da cafeteira de émbolo porque son os responsables da calidade da bebida, e se estes non son bos nunca terás un bo gusto ou aroma no café. 
 
Trátase dun filtro delicado pero  robusto que asegura que os grans proporcionarán boa textura e sabor. 
 
O seu forte nunca foi a retención da calor, non son capaces de manter o café quente durante longos períodos, pero sempre tes a opción de utilizar un termo se o necesitas
 

Para finalizar quizá as cafeteiras máis descoñecidas, as Aeropress

As cafeteiras Aeropress son unhas cafeteira igualmente de émbolo que gañou moita popularidade en pouco tempo
 
Servirache para una soa cunca con moita versatilidade para viaxar ou mesmo para facerche o café na oficina. 
 
O sistema custa uns 30 euros polo que atopamos francamente razoables. 
 
En realidade parece unha gran xiringa, que a través da súa  émbolo mete presión ao café durante a súa extracción.
 
O resultado é unha bebida concentrada con gran aroma e sabor que moitos comparan co café expreso.
 
Se es amante do café expreso non che vai a desgustar se es máis de cafés de filtro tenderás a diluír o resultado cun pouco de auga quente.
 
aeroexpress
 
Falamos de case media ducia de cafeteiras cuxo custo non é moi elevado e co que conseguir un gran café en casa.
 
Todas elas moito menos contaminantes que unha cafeteira de cápsulas, e que che permiten obter uns cafés en casa de gran calidade.
 
Na miña casa están todas representadas con dúas excepcións, a cafeteira de filtro eléctrica, non me gusta que non me poida regalar os pasos de auga, e sobre todo odio literalmente, o que lle fai ao café cando o requenta na ditosa placa que en teoría manteno quente e na práctica acaba co café.
 
E desde logo a cafeteira de cápsulas, que non deixa tomar decisións sobre o café que quero facer, é altamente contaminante, e faime un sete na conta corrente á hora de comprar a mesma cafeteira e as súas ditosas cápsulas.
 
Se estas a pensar en comprar cafeteira espero que te teña axudado.
 
Saúdos amigos cafeteiros vémonos no próximo post.

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020