Engadir un novo comentario

As miñas 5 razóns para non comprar unha cafeteira de cápsulas.

Refugallos xenerados polas cafeteiras de cápsulas.

Cafeteira de Cápsulas, Non Grazas.

Si amigos nós descartamos fai tempo utilizar as cápsulas como elemento no que distribuír un café. 

Uns caprichosos celosos do éxito da multinacional que se opoñen ao uso de de as cápsulas por que non poden contratar a Goorge Clooney para facer publicidade.
 
Non amigos, é que somos románticos, amantes do aforro, non nos gusta xerar residuos, preocúpanos o medioambente e a conservación natureza , gústanos tomar as nosas decisións. 
Que ten todo isto que ver con tomar café en cápsulas ou non tomalo en cápsulas?
 
Continua lendo e saberás as razóns.

1ª Razón para non comprar unha cafeteira de cápsulas: Quítalle todo o romanticismo ao tomar un café.

 
A preparación do café é tan fácil e rápida como insatisfactoria.
Rompe con todos os ritos de prepararen un café pola mañá ou pola tarde, encher de auga e café a cafeteira italiana, e esperar ao que o café suba, como quen espera un soro que che saca do sopor.
 
Ou que me dis de empuxar o café nunha cafeteira de prensa francesa, verter auga sobre un café arábica moído ao momento necesario dunha Chemex, etc, etc.
 
Moer o gran ao tamaño adecuado para o tipo de cafeteira, calcular auga, o moído exacto do café,  tempos de paso da auga polo café moído, o pracer de mellorar o café que fas día a día.
 
Aquí colles unha cápsula preparada nun laboratorio por unha multinacional, e apertas un botón que che dá un café que é un clon de millóns de cafés no mundo todos aburidamente iguais.
 
Iso si  bonita é cápsulas de múltiples cores da que descoñeces como foi producida ou que tipo de café leva realmente.
 
Que obtés nunha cafeteira de cápsulas?
 
Un café sen alma feita en laboratorio, curiosamente a un prezo varias veces superior a un café feito por calquera outro sistema. 

2º Razón para non comprar unha cafeteira de cápsulas: o prezo por café é bastante elevado.

Elevado con respecto a calquera outro café preparado noutro tipo de cafeteira.

Só tes que ver o que che custa por exemplo 10 cápsulas de café Nestpresso comparado con 250 gramos dun café ecolóxico a un  prezo similar, a cantidade de cafés que podes facer cunha ou outra formula, e o custo por café en cada caso. 
 
Si che falamos a ti, persoa practica onde as haxa, perdes a túa capacidade de decidir sobre o teu café diario a cambio de pagar máis que por un café preparado nunha cafeteira italiana, de prensa francesa, ou unha chemex, etc, sen saber realmente que café estas tomando.

3ª Razón par non comprar unha cafeteira de cápsulas, as cápsulas de café son fabricadas con plástico e aluminio polo que ademais de ser contaminantes son difíciles de reciclar. 

 
As plantas de reciclaxe non están preparadas para reciclar esta cantidade de produtos que mesturan plástico, aluminio e materia orgánica.
 
De feito en España aínda coa boa vontade do usuario non se están recuperando millóns de cápsulas de café que dificilmente serán recicladas.
 
Non esaxero cando vos digo que a principal compañía que produce estas cápsulas vendeu 98000 MILLÓNS en 2014 no mundo, a pesar do seu pequeno diámetro se houbese alguén coa paciencia suficiente para poñelas en fila poderían darlle a volta á terra.
 
Nespresso ten puntos verdes para que os seus clientes refuguen aí as cápsulas e eles mesmos encárganse de reciclados pero son realmente operativos, viches algún? A realidade é que a maioría dos consumidores non utiliza este servizo e opta por tirar as cápsulas ao lixo do día a día.
 
Non parece un pouco gratuíto contribuír de modo tan dramático á contaminación ambiental por unha cunca de café? canto máis que pódese conseguir esa cunca de forma máis barata e plenamente satisfactoria en cafeteiras que podes atopar no mercado por 10,  20 ou trinta euros.
 
É o tipo de cafeteira máis cara se exceptuamos as expresso.
 
Producción de capsulas  de café.

4º As cápsulas de café son un intento de laminar a túa liberdade  de elección.

 
Cando se le sobre o proceso de fabricación do café de Nespresso, destacan dous aspectos: 
Por unha banda trátase dun proceso de alta tecnoloxía bastante aséptico, e doutra o sistema desvirtúa por completo o produto para producir unha custosa embalaxe cun contido de café moído que nin se ve nin se cheira por tanto é complicado valorar a calidade do café, pois todo redúcese a deseño e cor.
Convén saber que o sistema encapsulado non o inventou Nespreso, xa existían sistemas similares, pero reducido ás máquinas de café para empresas e oficinas.
 
O que cambiou con Nespresso é a imaxe desta nova forma de consumo de café, que Nestlé soubo conseguir con deseños exclusivos, cápsulas de cores e cafés en mesturas variadas, ás veces aromatizadas con engadidos que pouco teñen que ver co café, e con diferentes intensidades.
Fantástica experiencia de cliente ao compraren na tenda, pero a cafeteira só pódese usar nas súas cápsulas de usar e tirar,  e mentres a liberdade individual queda no camiño.
 
Iso si a tenda Nespresso de elegante e exclusivo deseño que  converte o consumo de café nunha especie de sistema aséptico e plastificado de bebida rápida acompañado da perda de liberdade de elección. 

5º Se es amante do café ecolóxico ou orgánico é necesario que saibas que a normativa prohibe envasar en cápsulas este tipo de café.

Neste caso apoiamos cento por cento a normativa, non ten sentido coidar a produción orgánica ou ecolóxica do café para logo envasalo nunha cápsula que non só contén aluminio e plástico en contacto con ese café, e o que aínda é peor que xera cantidades inxentes de residuos pouco ou nada reciclables.
Por estas e outras razóns xamais me comprarei unha cafeteira de cápsulas, e nunca fabricaremos cápsulas para o consumo de café.
Por un mundo libre de cápsulas e a prol un café  de calidade cada vez de produción máis respectuosa co medio ambiente. 
 
Se crees que o post merece ser compartido nas túas redes sociais non o dubides.
 
E se queres comentar o post es libre de facelo. 
 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020