Engadir un novo comentario

Como se produce o café descafeinado utilizando so auga?

Proceso de eliminación da cafeína do café usando só auga

Explicámosche o proceso de como  se elimina a cafeína do café, a través de descafeinar café con auga.

É ante todo un proceso enormemente respectuoso co medio ambiente e co café.
 
Este proceso é un proceso que está certificado para a produción de descafeinado ecolóxico.
 
Falamos xa noutro post a extracción de como se elabora o café descafeinado ecolóxico, naquela ocasión falabamos dun proceso igualmente moi coidadoso co medio ambiente, e co café, como é a descafeinación por CO2, que ademais respecta enormemente as calidades do café, nesta ocasión centrámonos nun método igualmente de ecolóxico que
 
Permite descafeinar o café coa auga 100% libre de produtos químicos para extraer cafeína.

Respondamos xa á pregunta inicial: como se fai o café descafeinado utilizando só auga?

 
O proceso é  un proceso en cinco pasos:
 

1º Lavado e pre-remollo do café:

O café verde é introducido en auga, no que denominamos pre-remollo,  proceso para o cal se utiliza unicamente auga.
 
A auga ten como única función hidratar o gran de café verde preparándoo para a extracción da cafeína.
 

2º Paso é a extracción propiamente dita da cafeína do café. 

A clave do proceso esta en a combinación da auga e o extracto de café verde, ECV, que se pon na auga, á que se lle aplica despois uns potentes filtros de carbón que reteñen a cafeína extraída.
Unha vez introducidos os grans nunha auga sobresaturada cos compoñentes solubles do café, fóra da cafeína, déixase que a ECV, lembremos que non é outra cousa que extracto de café verde, flúe sobre os grans de café.
 
Buscando o equilibrio a cafeína comeza a transferirse dos grans de café a esta ECV.
Cun control meticuloso do tempo, a temperatura e o fluxo da ECV prodúcese a eliminación da cafeína do café verde así tratado, pero deixa intactas as características de sabor e aroma, iso si, no proceso o café perde o 99,9 % da cafeína do café inicialmente utilizado.

3º filtrado da cafeína o os filtros de carbón.

Como ben supuxeches despois de pasar a cafeína ao ECV, extracto de café verde, agora está saturado de cafeína.
 
É o momento na que a ECV circula cara aos filtros de carbón onde se elimina a cafeína, o proceso repítese o tempo necesario para eliminar o 99,9% da cafeína que tiña cada gran de café.
 
O proceso total ten unha duración entre as 8 e as 10 horas para conquerir eliminar esa porcentaxe enorme de cafeína.

Que pasa coa cafeína dos filtros?

Como a cafeína é unha mercancia con valor para industria farmaceútica ou para a elevoración de refrescos, retirase esa cafeína  destes filtros e vendese a estas industrias.

4º paso o secado

 
Unha vez sácanse os grans de café xa sen cafeína dos tanques de auga sométense a un proceso de secado co que obtemos un gran de café verde descafeinados.
 
Quedando listos para seren tostados.
 

5º Paso tostado do descafeinado.

O proceso de tostado do descafeinado non se diferencia en ren do que se realiza con calquera outro café.
Cafe descafeinado á auga de Sabora
Este proceso de obtención dun café é o que vai  utilizar Cafés Sabora coñécese como Swiss Watter Proces, e garante uns niveis inferiores ao 0,1% de cafeína no café así obtido, que ademais é un café ecolóxico.
Un descafeinado para os que queredes ofrecer ao voso cliente un descafeinado sen practicamente cafeína a aquelas persoa que por motivos de saúde pode virlles mal consumila:
  • Persoas sensibles á cafeína en calquera forma.
  • Mulleres embarazadas  ás que o médico lles recomenda que nos consuman cafeína.
  • Persoas con problemas  cardíacos.
  • En xeral a todos aqueles que lles gusta o café pero que queren minimizar os efectos da cafeína no seu organismo.
Ben amigos o café descafeinado é un café orgánico, o que fai que unha vez tostado este tipo de descafeinado teña que ser vendido en Galicia como café ecolóxico, que é como legalmente téñense que empaquetar estes descafeinado pola normativa española.
 

Pero que certificacións achega este tipo de café ecolóxico descafeinado mediante auga?

 

Certificación orgánica OCIA 

O Proceso Swiss Water está certificado pola Asociación para o Melloramento de Cultivos Orgánicos, OCIA, polas súas siglas en inglés.
 
Trátase dunha das axencias de certificación máis importante na área do café ecolóxico a nivel mundial,cumpre cos estándares establecidos polo Programa Nacional Orgánico do departamento de Agricultura de Estados Unidos.

Certificación de Comercio Xusto 

Ofrecemos cafés descafeinados con baixo contido de cafeína que son Fair Trade Certified.
É un selo de garantía que funciona como distintivo positivo ofrecendo á consumidor seguridade acerca dos valores éticos do produto. Os produtos que levan o selo Fair Trade foron producidos en condicións de traballo dignas e comprados a un prezo xusto que apoia o desenvolvemento sustentable da organización produtora.

Certificación Rainforest Alliance 

Este selo garante que os bosques, ríos, chans, flora e fauna son protexidos e que os campesiños e as súas familias reciben un trato digno e un salario xusto, así como que teñen acceso a educación e a servizos médicos.

Certificación UTZ

Extraemos a cafeína de cafés que contan coa Certificación UTZ . O Certificado UTZ é un programa e unha etiqueta para a agricultura sustentable. O programa Certificado UTZ cobre boas prácticas na agricultura, xestión das explotacións, as condicións sociais e de vida, e o medio ambiente de café.

Certificación de produto Kosher

Por ter ten unha certificación de produto Kosher, cumpre cos máis estritos estándares das normas Kosher expedida polo Consello de Rabinos Ortodoxos de Columbia Británica, Canadá.
A parte de ser un café descafeinado ecolóxico, producido organicamente con todas as garantías o mellor de todo é que é un fantástico café descafeinado. 
Está no noso catalogo de porductos xa que este descafeinado ecolóxico, de verdade, ben o merece.
 
Non se que máis vos podo contar que convidarche a probar o noso novo descafeinado.
 
Saúdos

 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020