Engadir un novo comentario

Sete establecementos onde tomar un gran café se estás en Galicia.

Grans de café  que caen dun saco formando un corazón

Sete cafés moi ben preparados cos que gozarás en Galicia.

Hablaremos de cafetería y otros dipos de locales muy dispares entre sí donde puedes tomomar un gran café en Galicia. 
 
Desde ¡Panaderías! hasta cafeterías más tradicionales donde disfrutarás de un gran café.
 
Locales que tienen como único nexo en común que son locales donde se puede tomar un gran café.        
 
Veredes que teñen como único nexo en común que son locais onde se pode tomar un gran café. Buscamos resaltar sete locais de hostalería onde tomar un gran café.
Si, o noso único criterio de clasificación é a calidade e a preparación do café que serven, non entraremos noutros aspectos como decoración, horarios, accesibilidade, etc, que sendo importantes para o obxectivo do post son secundarios.
Ademais a clasificación fai referencia a só un local por cada tipo de establecemento: bar, cafetería clásica, cafetería centrada no café, restaurante, bar de barrio, café ecolóxico, otros establecementos.
 
Quero dicir que cando se fai unha selección como está necesariamente cométense inxustizas, por que dunha categoría pode haber varios locais moi parellos e aquí só vai aparecer un. 
 
Seguro que o teu tes o teu favorito e posiblemente non está na relación, non te prives de comentar cal é o local que aquí merecería estar e por que na túa opinión debería de aparecer.
 
Para opinar sobre os establecementos que serven un gran café, só tes que utilizar o formulario debaixo do texto, por favor, diferénciate ben do spam ou o sistema borrará o comentario antes mesmo de que cheguemos a lelo.
 

Polo tanto, temos claro que estes son sete locais onde tomar un gran café en Galicia de diferentes tipoloxías de locais, non necesariamente son únicos que podían aparecer pero si merecen estar na relación de locais con un gran café. Procedamos entón:

Botter - Riveira - Bar

Na Praza de Porto do Son na localidade arousá de Riveira, atópase este bar que che sorprenderá.
 
Os seus cafés, estupendos, eu sempre que vou acabo tomando dous, en cuestión de tomar bos cafés non me controlo.
 
Se queres tomar un fantástico expreso feito con mimo este é un bar que sen dúbida debes de coñecer.
 
Non acaban aquí os seus alicientes.
 
As súas tapas daquelas abundantes tipicas do país, non teñas medo que non vas pasar fame neste establecemento.
 
E para os amantes do Gin-Tonic debedes de apuntalo tamén o a axenda, máis dun centenar de xenebras diferentes á túa disposición.
 
Se vives ou visitas esta mariñeira localidade coruñesa, e ademais amas o café non deixes de tomarche un neste local, xa me contarás. 
 

 

Coffee & Coffee - Santiago - Cafetería con carta de cafés

O seu nome é toda unha declaración de intencións, todo polo café, todo polo bo café.
 
En pleno ensanche compostelán, Rúa de Xeneral Pardiñas 33, podes entrar nesta cafetería tranquila, de trato agradábel e ambiente informal.
 
Onde coidan con mino o café que che ofrecen, ademais sorpréndenche coa súa ampla variedade de cafés na sua carta.
 
Un lugar ideal para un almorzo, unha pausa de media mañá, ou de despois para comer gozando dunha ampla variedades de cafés que faran as delicias de calquera que como nos desfrute do café.
 
Si queres tomarche un café en Santiago de Compostela sen dúbida unha opción.
 

Maycar & Caffellate - Santiago - Cafetería tradicional

Non moi lonxe do anterior, tamén no ensanche compostelán, á beira mesmo da Praza de Galicia, en Doutor Teixeiro, 5.
 
Fai uns cafés e cafés con leite magníficos. Unha das cafeterías máis antigas e tradicionais da capital galega, segue conservando todo o aroma e sabor de quen leva facendo bo café varias décadas.
 
Non confundir co Pub do mesmo nome que ten á beira, que aguanta desde os bos tempos, anos 80, na noite santiaguesa.
A cafetería é unha cafetería de corte tradicional pero que coida o café que prepara, ofrecendo un dos cafés con máis fama na cidade, ao noso entender totalmente merecida. 
 
Podes tomar un café só, cortado ou con leite, pasando por un magnifico capuchino, ata chegar un delicioso café con crema de whisky, coa total garantía de que vas tomar un gran café.
 

La Artesa - Pontevedra - Café ecolóxico

Unha xoia oculta en Rúa Don Gonzalo 6 en plena capital pontevedresa, ideal para acompañar un café ecolóxico cunha pastelería e boleira moi coidada.
 
En realidade destaca tanto polo seu café ecolóxico como por unha magnifica pastelería caseira que de verdade che fará gozar.
 
Un sitio para tomar un almorzo con café exquisito nun ambiente acolledor, e un trato moi amable por parte das persoas que o rexentan.
 
E todo iso sen aglomeracións nun ambiente tranquilo no que gozar dunha pausa con tranquilidade.
 
Un imprescindible se es ou pasas pola cidade de Pontevedra.
 

Restaurante Paz Nogueira - Santiago de Compostela - Restaurante

Ao pé da súa maquina de café atopamos a José todo un artista facendo café, bo café, así como da decoración de cafés con leite, arte do latte.
 
Dá gustos atopar un restaurante, ten unha zona de cafetería por se só apetécevos tomar café, que ofreza un café tan coidado e saboroso como o que ofrece este compostelán local.
 
Aquí non che pasará iso de que cun mal café arruínenche unha boa comida, que por outra banda tamén podes atopar neste local.
 
Atopárdelo a uns 400 m do Corte Inglés saíndo cara á autoestrada, no barrio do Castiñeiro en Santiago de Compostela.

 

Churraría San Pedro - Santiago de Compostela - Bar de Barrio

En pleno tramo final do Camiño Francés, a algo máis dun quilometro da Catedral de Santiago, no popular Barrio de San Pedro, encantardes unha pequena churrería, onde ademais dun moi bo chocolate con churros, podedes gozar dun gran café.
 
Máis coñecida pola xente do barrio que polos turistas, podédesvos tomar un gran café, só, cortado ou con leite. Neste caso non lle pidades cócteles con café, fan poucos cafés pero os que fan fano ben. 
 
Sinxelo, tradicional, exquisito.
 

O forno de Domaio - Moaña en Pontevedra - Outros

Un establecemento fóra da cidade, esta en unha zona rural deste municipio a costa da provincia de Pontevedra, xusto enfronte de Vigo Capital, separado pola Ría. 
 
Outra pequena xoia a descubrir, é unha Panadería ecolóxica, que non contenta con facer un magnifico pan, ofréceche un café ecolóxico fantástico de aroma e sabor, e moi ben preparado.
 
Fan variedades de pan con fariñas eco, se vos gusta e pan e gústavos e café é un sitio que debedes de visitar.

Se ou que vos esperabades atopar era nomes de grande locais do centro das capitais galegas, xa vedes que o post non foi por aí.
 
Lembra na localidade de Moaña, concretamente na Rúa Palmas 68 Baixo.
 
Relendo o post observei que un trato ao cliente exquisito tamén está presente na maioría dos locais que presentamos por non dicir en todos, e levoume a reflexionar sobre se o café servido cun sorriso, non é mellor café?
Déixoo como unha reflexión persoal.
Espero que vos gustara, a ser felices e a tomar bo café. A vida é curta e complicada como, para ademais, tomar un mal café.

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020