Engadir un novo comentario

Comprar café ecolóxico: 10 razóns.

Café ecolóxico cultivado á sombra

Café ecolóxico ou orgánico

Café ecolóxico ou orgánico son as dúas denominacións polas que se coñece este tipo de café, e son absolutamente o mesmo.

Nos andeis das tendas en Galicia só atoparás o café denominado como café ecolóxico, por que así o esixe o desenvolvemento que da normativa europea fixo o lexislador español para este tipo de produtos que se decidiu polo termino ecolóxico, descartando termos como o "orgánico" ou o "bio".
 
Comprar un café ecolóxico ten unhas implicacións  que van moito máis alá do feito de que o cultivo sexa respectuoso co medio, e todas elas encaixan moi ben coa idea de preocupación polo medio, a saúde, e o comercio xusto que tan  presente está nas sociedades occidentais.
Tanto é así que tomar a opción de por un café ecolóxico no teu establecemento hostaleiro, ou na túa tenda, di moito do compromiso da túa empresa co medio ambiente, a calidade de vida dos que o cultivan, e a saúde de quen o toma, e para os negocios segue sendo unha interesante aposta pola diferenciación.

Tocados este dous punto iniciais podemos continuar co noso post:

As 10 razóns para comprar un café ecolóxico.

1º O cultivo dos cafeeiros á sombra beneficia ao café e ao medio.

Este concepto de cultivo á sombra ten varias implicacións, que desenvolveremos o puntos posteriores como razóns para comprar café.
 
O café cultivado á sombra é un método de cultivo que se contrapón co cultivo ao sol, e que vai máis aló de que os que cultivan póñanse un chapeu ou non á hora de cultivar.
É a forma de cultivo tradicional en moitos dos países produtores de café, que ata que as novas tendencias de produción dun café orgánico de calidade viñeron a rescatalo, vivía un proceso de decadencia pola competencia de cultivos ao sol moito máis industriais e espoliadores do territorio.
dCultivar á Sombra supón que os cafeeiros, arbores do café, plántanse entre outros arbores propios das zonas dentro das facenda, e isto ten consecuencias desde un primeiro momento.

2º Nosa cunca de café non deforesta selva tropical.

Pódevos parecer esaxerado, pero non o é, a selva tropical retrocede cada ano miles de hectáreas que son utilizadas para cultivar café ao sol.
 
Lembremos que o café é a segunda bebida máis consumida no mundo por encima de produtos como os refrescos, viños, cervexas, e só superado pola auga.
Cada facenda que se dedica ao cultivo á sombra son hectáreas de bosque tropical que non caen baixo as machadas e serras das multinacionais do café.
Multinacionais que nos venden, por riba, o café en cápsulas a un prezo superior a calquera outra forma de consumo do café, cunha calidade en ocasións cando menos discutible, iso si con fantásticas campañas de márketing excelentemente expostas.
 
O café á sombra que é a forma de produción do café ecolóxico salva a selva tropical da deforestación.

3º Os paxaros, insectos, mamífero e outros animais non perden o seu lugar no mundo.

Unha selva deforestada é un selva arrasada onde a biodiversidade de pérdese.
Por contra unha plantación á sombra de café ecolóxico, é un refuxio para a fauna, xa que respecta a presenza dos animais  e plantas que teñen o seu hábitat na zona.
Como exemplo os nosos cafés e descafeinados ecolóxicos teñen unha certificación Bird Friendly  certifica a produción en harmonía co paxaros que viven nas zonas onde se produce o café.

4º Non utiliza produtos perigosos para a saúde ou o medio ambiente.

O cultivo orgánico do café ecolóxico fai que na súa produción non se utilicen abonos químicos industriais, non utiliza tampouco fertilizantes químicos, funxicidas, herbicidas.
 
Aquí o feito de que o café se cultive á sombra tamén ten os seus beneficios, xa que ao non ser un monocultivo as pragas teñen un avance máis moderado, e poden deterse, en ocasións, pola presenza de depredadores naturais das mesmas.
 
Con está forma de cultivo evítase que todas as sustancias fertilizantes, herbicidas, etc,  acaben no medio, afecten a outros animais e plantas, contaminen os mananciais de auga, ou acaben por chegar ao corpo dos  seres humanos.

5º A produción é máis intensiva en man de obra e esa man de obra necesariamente debe ser da zona de produción.

A produción de café ecolóxico está en moitas ocasións en mans de pequenos e medianas facendas, e de cooperativas indíxenas.
 
É unha produción  que non admite a mecanización polo que a cantidade de traballo que xera nas zonas de produción fai que os beneficios se repartan pola comunidade máis próxima.
 
No cultivo do café ao sol o uso de produtos industriais fabricados lonxe destas comunidades á vez que a mecanización non permiten un desenvolvemento das comunidades próximas que apanas notan os beneficios que produce o café.

6º A recollida  do café prodúcese a man.

Precisamente a non mecanización produce efectos moi positivo sobre a calidade do café.
A recollida da cereixa de café realízase a man, só cando esta perfectamente madura, o que aumenta a calidade do café.
As producións de café para a gran industria recolle o gran con maquinas que non distinguen se o gran está en pleno proceso de madurez ou non, polo que o café baixa a súa calidade.

7º Os cafés que producen son de excelente calidade

O café orgánico que se produce adoita buscar a calidade, xa que en prezo non poden competir cos cafés de produción industrial.
 
Practicamente todo os cafés orgánicos que se producen en América son arábica, e adoitan ser cafés de moita calidade, pola súa o coidado no cultivo e beneficiado dos mesmos.
 
En Africa podes atopar cafés orgánicos robusta, que sempre terás  un café de máis calidade que os robustas industriais  do mesmo continente.
 
Se me permites a cuña, os nosos descafeinado ecolóxicos e como non os nosos cafés ecolóxicos tanto para hostaleira como para tenda son cafés 100 % arábica recolleitos a man en cooperativas indíxenas ou pequenas e medianas facendas de México, Colombia, Perú, e algúns países centroamericanos.

8º Aos beneficios para saúde do café en xeral, únense os de estar libre de todo produto químico industrial.

Os controis do café ecolóxico que compras na túa tenda ou que tomas no teu local de hostalería son moitos e vén de diferentes ámbitos.
Os controis do país de orixe, os controis do país de destino no noso caso o CRAEGA, que é a institución que controla os produtos ecolóxicos en Galicia xa que as competencias están transferidas.
Ademais de organizacións con certificacións internacionais que apoian o Café Ecolóxico de Cafés Sabora como o Naturland de Alemaña, ou o IMO control de Suíza,  ou a certificación JAS para vendas exclusivas en Xapón. 
 
Todas estas garantías fan que á parte dos efectos positivos que para a saúde ten o consumo de café, asegurámonos unha experiencia libre de abonos químicos, pesticidas, herbicidas, funxicidas, etc.

9º O seu aroma e sabor son fantasticos.

Comprar café ecolóxico é un seguro de que vas obter un café de calidade, no noso caso arábica 100%, cultivado á sombra, que ademais foi recollido a man en perfecto estado de maduración, e que foi beneficiado con todo  e coidado para obter un gran café.
 
10º a razón definitiva: dá lugar a excelentes cuncas de café.
 
Son cafés de calidade que se venden, é certo, a un prezo algo maior que o da media dos cafés industriais.
Equivalente a calquera café que posúa una certa calidades, e moi superior a calquera cápsula do mercado.
Pero precisamente a forma que foron cultivados, e procesados son unha aposta segura á hora de comprar café.
 

 
10 razóns para comprar café prometinche, e dez razoes para comprar café deiche.  Comprar café ecolóxico ou non é a túa decisión, e es moi libre de tomar a decisión que queiras. 
 
Só che digo unha cousa se estás a pensar falamos así por que vendemos café ecolóxico equivócasche, a día de hoxe vendemos máis café non ecolóxico que ecolóxico.
 
Que o sector e nós como parte do sector venda máis café ecolóxico só depende de que o teu compres ou non compres café ecolóxico.

Saúdos e goza do café como o teu queiras.

 

 

 

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020