Engadir un novo comentario

Propiedades do Café

Café recentemente torrado

as principais propiedades do café Torrado

A todos os que nos gusta o café e espértanos pola mañá, sabemos das súas propiedades como activador da nosa actividade con todo esta non é a única propiedade do café.

Se es consumidor de café alegrarache saber que ten outras moitas, no post trataremos as que consideramos máis destacadas.

Pero as propiedades do café van moito máis alá de espertarnos, algunhas son igualmente coñecidas, todos outras menos coñecidas.

Algunhas das bondades do café. 

Faremos fincapé desde iste mesmo intre:
Sempre nos referiremos a un consumo moderado de café, o exceso, nin no café nin en calquera outro produto, é bo.

Pasemos agora si a falar das distintas propiedades do café.

1º O café é un estimulante do sistema nervioso central

 
A presenza de cafeína nos grans do café, que non deixan de seren a parte do froito da cafeeira, arbore do café,  que logo torramos  para conseguir o gran torrado, é elemento fundamental que converte a unha cunca de café nun estimulante natural do sistema nervioso central.
 
A cafeína é capaz de aumentar actividade do organismo aumentando a enerxía e estimulando a mente. 
Favorece a actividade física e mantén a mente alerta en persoas que realizan algunha actividade que require estar alerta e/ou requiren concentración mental como conducir.
Actividades como conducir, estudar, facer actividades que polo seu perigo ou dificultade requiran de concentración ven favorecidas polo consumo de café.
O café ten propiedade moi específica é capaz de activarnos ou reactivarnos.
Por este motivo convértese nunha bebida ideal para tomar polas mañás, ao ser útil para diminuír a sensación de soño e aumentar a capacidade de alerta. 

2º outra das propiedades do café xa que axuda previr accidentes de tráfico

A somnolencia está detrás do 15 ao 30% dos accidentes de trafico. 
Os seus efectos son tan perigosos como os do alcol pois o soño diminúe a túa capacidade de concentración, reacción, etc. 
Diversos estudos indican que o consumo de café en condutores, precisamente polo estimulante que é para a mente, reduce a sensación de cansazo e diminúe o tempo de reacción.
 
Ademais, mellora a atención visual, a concentración na ruta e a capacidade de tomar decisións.
 
Por estas razóns o noso organismo pídenos un café ao levantarnos, despois de comer, ou a medio camiño dunha viaxe longa.
 
Unha cunca de café axuda a conducción.

 

3º O café é rico en antioxidantes

O café é unha bebida antioxidantes, grazas á presenza de  polifenoles, o que se traduce en que é unha opción natural para axudar ao noso organismo para reducir e eliminar os efectos tan negativos dos radicais libres.
 
Os radicais libres producen a dexeneración nas células. Estando estes radicais libres detrás do desenvolvemento de moitas enfermidades dexenerativas.
A súa capacidade antioxidante do café é superior á do té ou a do viño tinto
Considérase que son os fitosteroles: estigmaterol, beta-sisosterol. o campesterol os maiores responsables da  súa propiedades antioxidantes.
 
Os radicais libres están detras de moitas enfermidades, é o caso das enfermidades neurodexenerativas, as enfermidades cardiovasculares, e outro tipo de enfermidades dexenerativas entre as que se atopan algúns tipos de cancro. 
Para moitos cientificos polo seu contido en antioxidantes, vitaminas e minerais, sinalan que o café podería chegar a ser considerado como un alimento funcional. 
Un alimento funcional é aquel alimentos, que se consomen como parte dunha dieta normal e conteñen compoñentes biolóxicamente activos, que ofrecen beneficios para a saúde e reducen o risco de sufrir enfermidades.

4º Un dos conceptos erróneos máis comúns é a influencia negativa do café no sistema cardiovascular.

En realidade, varios estudos sobre o efecto do café no sistema cardiovascular realizado por un grupo de científicos da Escola da Saúde Pública da Universidade de Harvard, a Universidade Nacional de Singapura e o Hospital Brigham de Mulleres, demostraron que as persoas que beben 3 a 5 cuncas de café ao día, sofren de enfermidades do corazón case 3 veces menos que aqueles que elixen outras bebidas.
 
Ademais, o estudo sinala que non existe unha diferenza particular entre beber 1 cunca ao día ou 3, porque dita cantidade non afectará negativamente o sistema cardiovascular.
 
Grans de café en forma de corazón
 
5ª propiedade do café:  Axuda a previr a diabetes
No caso particular da diabetes mellitus, especialistas en Endocrinoloxía por exemplo é o caso de Pilar Riobó, defenderon que a longo prazo o café axuda a reducir o risco de desenvolver diabetes mellitus.
 
Diferentes estudos científicos constataron que beber de tres a catro cuncas ao día de café axuda a diminuír ata nun 25% o risco de sufrir de diabetes tipo II.
Esta propiedade do café está relacionada coas súas propiedades antioxidantes do café, que axudarían a evitar a resistencia á insulina.
 
Ademais, axudaría a mellorar o control metabólico da glicosa, de forma que o seu consumo sería mesmo recomendable para pacientes que xa teñen diabetes.
 
Científicos daneses da Universidade de Aarhus, do Hospital da Universidade de Aarhus e do Hospital Universitario de Odense demostraron que beber café non provoca o desenvolvemento da diabetes tipo 2.
 
O cafestol, contido na bebida, aumenta a cantidade de insulina no páncreas no momento da exposición á glicosa. ç
 
É por iso que o consumo de café pode mesmo protexer contra o desenvolvemento da diabetes tipo 2.
 

Ollo que se utilizas azucre ou leite condensado no teu café terás problemas co azucre en sangue se es diabético

5º Axuda a reducir o risco de sufrir demencia na vellez

Asociado aos diferentes efectos beneficios e estimulantes que o café exerce no sistema nervioso central, un estudo científico levado a cabo durante dúas décadas constatou que consumir café regularmente diminúe ata nun 65% o risco de sufrir demencia na vellez.
 
Tamen existen estudos como o da Universidade de Hawai que correlacionaba ás persoas con niveis máis elevados de cafeína cunha menor propensión a sufrir enfermidades como o Alzheimer ou o Párkinson.
 
É xusto recoñecer que existen estudos que non atopan correlación polo que non queda claro se existe ou non este efecto positivo na prevención destas enfermidades.
 
Ollo que se utilizas azucre ou leite condensada no teu café terás problemas co azucre en sangue se es diabético.
 
 
Principais propiedades do café

6º PREVÉN PROBLEMAS CO FÍGADO COMO A CIRROSIS

Despois de estudar o efecto do café na vesícula biliar, os científicos do Departamento de Investigación Clínica e Saúde Xeral da Universidade de Milán e o Departamento de Epidemiología do Instituto Mario Negri descubriron que o consumo regular desta bebida pode reducir o risco de cirrose en case un 50%.

Outras propiedades do café ten que ver co control da dor.

É un remedio para a dor leve crónica

Estas dores breves ou precordiais, que non teñen unha orixe grave, que pasan sós cos días, iso si son enormemente molestos cando os sofres.
O consumo de café pode axudar a toleralos mellor isos dores musculares, de costas ou cabeza.

Café para a hemicrania?

Son neste caso as propiedades vasoconstritoras as que estarían detrás das propiedades analxésicas do café.
 
Pois axudarían a eliminar a inflamación dos vasos pericraniais responsables da hemicrania.
 
Se ledes o prospecto veredes que en moitos analxésicos teñen nos seus formulas cafeína.
 
Silueta humana formada por grans de café que parece  correr.
 

Excelente para os deportistas

En deportistas de resistencia, beber café presenta e exerce un efecto ergoxénico, de maneira que aumenta a potencia muscular.
 
Por iso é sabido que beber café axuda a que os deportistas gocen dun mellor desempeño físico de resistencia durante a celebración das súas competicións.
 

Permite perder peso

Neste caso as propiedades do café veñen polos efectos diuréticos da cafeína, teobromina, acedos cafeicos e cloroxénicos, calcio e asparagina todos eles compoñentes presentes no café.
 
Os efectos destes elementos sobre a retención de líquidos fan do café unha infusión moi interesante para combater o sobre-peso.

Útil para combater a celulites

Sabías que a cafeína reactiva a circulación sanguínea?
Por iso resulta moi útil para eliminar o líquido seroso que se instala nas distintas cavidades e tecidos musculares, incrementando os niveis de moléculas que axudan a queimar as graxas do noso corpo.
 

É dixestivo en cantidades moderada.

O café estimula a secreción gástrica, activa a produción da biles e a contracción da vesícula biliar. Por tanto, tomado despois das comidas, facilita a dixestión.
 
A condición de que o seu consumo sexa moderado.
 

Unhas condideracións finais.

 
É importante saber que o contido de cafeína varía moito entre as dúas especies de café cultivadas: café robusta e café arábiga.
 
O Robusta ten unha cantidade de cafeína de case o dobre que o segundo. 
 
Ademais o tipo de cafeteira empregado inflúe, aumentando a concentración canto máis tempo estea en contacto o café coa auga fervendo.
 
Xusto é recoñecer a nosa fontes antes de despedirnos  botánica online, entremujeresinnatia.com poderedes atopar máis información sobre as propiedade do café dende diversos pontos de vista.
 
Entre as porpiedades do cafés está que pode axudar a previr algunhas enfermidades e contribuír a manter en forma a memoria e acrecentar o rendemento físico e mental, facilita permanecer esperto cando conduces,  mellora o teu rendemento no deporte, etc.
Os seus beneficios e propiedades son moitas se o seu consumo é moderado.
Se che gustou agradecémosche que o compartas en redes sociais, e para comentar non tes máis que escribir no formulario.
 
Tamen che poden gustar
O café engorda ou é unha lenda urbana

A lenda negra do café

Café ecolóxico coñece que tipo de cafés é e cales son os seus beneficios

11 saudables razóns para tomar unha cunca de café

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020