Características das cuncas de Cafes Sabora
O xogo compóñeno unha cunca de café e un prato, xogando coa representación que Cafés Sabora fai dos grans de café do seu logotipo, iso si o seu deseño fainos especialmente útiles para o mundo da hostalaría.
A novidade é que temos decidido poñer un logotipo de pequeno tamaño de Cafés Sabora no prato, por mor de evitaren “extravíos” dos pratos cando saen do establecemento hostaleiro.
Estamos a distribuílo en tres tamaños que se corresponden cos cafés máis demandados habitualmente : para o café dobre, con leite, e o do café solo ou cortado.
A sua forma de cono truncado, permite a mellor conservación do aroma e o sabor do café.
O seu deseño e o material de que están feitos ten dobre intención:
- A durabilidade dos mesmos polo uso intensivo que se lle vas dar na Hostalería
- As cuncas están feitas dun material que non só non molesta, se non que resalta as características dos cafés que son servidos neles.
Non o dubides cos nosos pocillos tes a garantía de que nada se perde do aroma e sabor dos Cafes Sabora.
Sen necesitas unhas cuncas de café para o teu local, non o dubides. Unha pequena respiración e… … Chámanos ou contacta con nos.