Cápsulas de café: verdades e mentiras

Cafetera de cápsulas

Cápsulas de café

Vaia por diante que non pretendemos enganar a ninguén, en Cafés Sabora non somos en absoluto partidarios das cápsulas de café, de feito non as atoparás na nosa web. Nin as vendemos nin pensamos vendelas.

Esta decisión ten sido obxecto dunha coidadosa reflexión froito dunha investigación en cuxo camiño atopámonos con verdades a medias e grandes doses de Márketing e publicidade para convencernos das bondades dun produto de laboratorio, ou das súas maldades,  que detractores tamén existen.
 
Non adicaremos moito tempo a explicar que a multinacional da alimentación Nestlé, moitos millóns de euros e unha estrela de cinema George Clooney, fixeron que a opción do café en cápsulas leve xa uns aniños de moda.
 
Como sempre que algo se pon de moda xorden detractores e fervorosos seguidores que non se poñen de acordo en absolutamente nada.
 
Así os detractores deixáronse levar, expandindo a idea de que as cápsulas de café poden chegar a producir cancro, afirmación que para ser xustos debemos de matizar moitísimo.
 

Seguindo nisto á OCU, pouco sospeitosa de deixarse querer polas subvencións, xa que vive da conta dos seus socios.

Podemos afirmar sobre as cápsulas de café teñen moi pouco de canceríxenas.

  1.  Podedes tomar café protexido en aluminio, pois o café non ten o grao de acidez suficiente como para provocar a súa contaminación por aluminio, como si pode ocorrer co zume de laranxa ou o tomate. 

  2. É certo que a presión é a alta temperatura á que se somete ao aluminio en principio pode ser perigoso, pero parece que o seu risco minimízase pola curta duración do proceso de extracción do café.

  3. O aluminio non é canceríxeno, pero si pode ter efectos no sistema reprodutor e nervioso. Sempre e cando as cantidades a tomar sexan moi elevadas.

Deixando de lado os posible problemas para a saúde por agora non demostrados, falemos dos dous maiores problemas do concepto cápsulas de café:

1ºcantidade de residuos que xeran. 

 
Aínda que é certo que o aluminio é un material que recicla ben,  a realidade é que a propia Nestlé calcula que para cada cunca de café preparada emítense 82 gramos de CO2.
 
Ao mesturar o aluminio, a laca alimentaria e café a capsula transfórmase nun residuo non reciclable, aínda que o consumidor tóme a molestia de abrila, baleirala e levala ao colector amarelo, dita capsula de café será separada e enviada a un vertedoiro.
 
Segundo ecologiafacil.com  é a normativa española a que obriga a non reciclala.
 
É precisamente esta vertente ambiental a que máis nos preocupa, e a que realmente nos fai tomar a decisión de non comercializar as capsulas de café.
 
Vemos o futuro do café orientado á produción ecolóxica, respectuosa co medio, e pensando en contaminar o menos posible ao longo do proceso. 

Cápsulas de café desechadas

2º O prezo das cápsulas

Outro elemento  é que encarecen o café moitísimo, a mesma cantidade de café nun envasado tradicional permíteche aforrar en cada café que tomas unha cifra considerable de cartos.
 

Para tomar un gran café non é necesario encerralo nunha cápsula, senón tomar boas eleccións para chegar a ter un  gran cafe na tua cunca:

  • A orixe importa, descobre cales son o orixes do café que máis satisfán os teus gustos e desfrurtaras máis do seu consumo.

  • Ten en conta cando foi tostado, canto máis preto do momento do seu consumo mellor.

  • Busca que estea ben envasado, unha vez aberto gardádao nun lugar escuro, sen humidade, e sen cheiros que poidan mesturarse cos do café.

  • Se o café que compras é de orixe orgánica, producido sen pesticidas, e cun rigoroso sistema de produción mellor que mellor.

  • Compra o café en gran, moe o máis preto posible da súa preparación. Minimizando así a perda de aroma, a oxidación, conseguirás que se conserve mellor.

O ideal é moelo xusto antes do seu consumo, se que estas a penar que o teu comezas a traballar ao as 8 da mañá e que ás 6,30 non estás para moer café, pero si queres un gran café na tua cunca non terás outra elección poisible. 

Por desgraza o márketing da industria alimenticia coa bandeira da conveniencia, o glamour e a sofisticación, fannos pensar que é moito máis rico e glamuroso tomar un café en capsula. 
 
Do proceso artesanal de tostado e empaquetado pasamos ao procesamiento industrial do café nos laboratorios de Nestle, e ás cápsulas de café monodosis de Nespresso. 
 
Da arte do barista perfecionado detrás da barra pasamos á mecánica de apertar un botón. 
No camiño perdemos a nosa liberdade par elixir o café que queremos tomar.
Crearon un monopolio onde tes que usar o seu café, e as súas máquinas, e moitos teñen caído rendidos aos pés do deus márketing.
 
Que fixo que miles de persoas paguen prezos desorbitados por un café mediocre, mentres alagamos o medio ambiente con millóns de cápsulas refugadas de aluminio e plástico. 
 
Os grans de café auténticos están a rebelarse contra as cápsulas impostoras,  e nós aínda que pacifistas, estamos nesa batalla.
 
 
 
Sí amigos,  aspiramos  a que fagas a reflexión  se  tomar o café en capsula non será só  un snobismo fomentado por campañas de TV convenientemente alimentadas por millóns de euros, que non mellora o sabor do café que tomas, é caro, e ataca o medio ambiente.
 
Realmente aporta moi pouco para os que amamos o café natural.
 
Goza do teu café en liberdade.
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020