Descafeinados

Descafeinados para hostalería de cafés Sabora 

Os descafeinados de cafés Sabora son auténticos cafés descafeinados con todo o aroma e sabor do mellor café.
 
O café descafeinado non é máis que un café verde ao cal se lle eliminou a maior parte da cafeína mediante algún proceso de extracción.
 
Nós torramos cafés descafeinados da maior calidade,  arábica 100%, e facémoschos chegar no mesmo día que torramos o descafeinado.
Amamos o café fresco, e pretendemos que o teu cliente consuma sempre o café descafeinado recentemente torrados.
 
Os mellores cafés descafeinados son aqueles que mantén as condicións organolépticas da materia prima.
 
Nós hai anos que apostamos polos descafeinados con auga, aínda que manteñamos algún descafeinado con outro tipo de proceso.
 
A nosos descafeinados son unha mestura especial de cafés Arábicas de torrado natural, descafeinados á auga, o método óptimo de eliminación da cafeína mediante o cal somos capaces de manter as calidades do café intactas, sen utilizar ningún aditivo químico. 
 
Temos  un café descafeinado ecolóxico arábica 100% ao que se lle eliminou a cafeína únicamente con auga, nun proceso totalmente respectuoso co medio ambiente, e cos selos e garantías de produción ecolóxica.
 
É un café descafeinado de baixa acidez, corpo medio e moi aromático, cun contido mínimo en  cafeína (<0,1%).
 
Ideal para aqueles que teñades un local ecolóxico, ou simplemente queredes ofrecer un cliente un produto diferenciado e respectuoso co medio, á vez que aromático e saboroso.
 
Dispós igualmente de un café descafeinado envasado nun recipente metálico que conserva o café freco durnante máis tempo o café descafeinado Gran Orixe, e o descafeinado na tradiconal bolsa.
 
Aínda que para o teu local dispoñemos dunha gama ampla de descafeinados incluído o descafeinado soluble.
 
Non renuncies a un gran café cun contido mínimo en  cafeína.
 
Descobre os nosos cafés descafeinados:
Necesitas axuda para escoller o café descafeinado ideal para o teu negocio?
 
Non Sabes que produto elixir? Fai unha pausa e… chámanos ou contacta connosco.

 

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020