Descobre 8 aplicacións de móbiles para o moi cafeteiro

Café e móbil

Cafeteiros. 2. Que gusta do café ou toma moito café.

Cafeteiro ou cafeteira na segunda acepción do dicionario da Real Academia Galega é a persoa moi afeccionada a tomar café.

Hoxe ímosvos a descubrir oito aplicacións para móbil sobre o café.

Coas que podedes gozar os moi afeccionados a consumir esta deliciosa bebida..

Todos sabemos que para un bo cafeteiro tomar café non é unha mera acción de consumir unha cunca de café, senón todo o que o rodea.
 
Seleccionar o café que se vai a facer, moelo, infusionalo, gozalo en compañía son elementos tan importantes como o café en si.
 
Para os cafeteiros que amamos o café, o café, está presente nas nosas vidas desde que nos levantamos ata que nos deitamos.
 
Entrou no tecnolóxico mundo das aplicacións para móbiles?
 
Si, aquí presentámosche unha serie de oito APPs que tratan dunha maneira ou outra do café.
 
Así que sen máis
 
Oito aplicacións para os moi cafeteiros:
 

1ª Baristame

É unha aplicación moi  interesante para os moi cafeteiros.
 
Ofrece información para preparar un café cos distintos tipos de cafeteiras.
 
O seu único defecto, estar únicamente en inglés.
 
Lista a información por tipo de cafeteiras: prensa francesa,  chemex,  sifón, cono para filtrar café,  aeroexpress, italiana, etc.
 
Dáche información sobre o tipo de cafeteira, fabricantes, etc.
 
E sobre todo danche unhas magnificas recomendacións para elixir, moer, e preparar o café en cada unha das cafeteiras.
 
Como ben sabedes o adaptar a moenda do café, os tempos de paso da auga, etc, á cafeteira que utilizas é un elemento fundamental para preparar un gran café.
 
Esta aplicación facilítache a vida e resólveche as dúbidas que poidas chegar a ter á hora de preparar un bo café.
Baristame

2ª Espresso Coffee Guide

Se o teu, cafeteiro, son os  expresos aquí está a túa aplicación ideal.
 
A Guía do Café expreso inclúe indicacións de como obter un bo café expreso, receitas para o café con leite, para os capuchinos, ristretto, luengo, etc.
 
Como a anterior é unha moi boa aplicación que necesita unha tradución urxente ao español.
 
Unha aplicación imprescindible para os que amamos o café expreso 
Espress Coffee Guide

3ª Beanhunter

Unha aplicación para cafeteiros viaxeiros.
 
Existen versións para  IOS e  Android, permite que poidas facer un percorrido polas cafeterías ou locais onde serven café de todo o mundo.
 
Móstrache as cafeterías próximas ao lugar onde te atopas, e a puntuación que lle deron outros cafeteiros antes que ti.
 
Podes anotar os teus comentarios nunha axenda para as valoracións propias.

Beanhunter

4ª Nok Nok CAFE

Presentámosche aquí unha aplicación canadense que  se presenta  coma a Airnbn dos  Coffee  Shops.
 
A idea é basicamente relacionarche con outras persoas coas túas mesmos gustos cafeteiros para convidalos a tomar café á túa casa, ou ir á súa casa tomar café.
 
Como en calquera sitio de intercambios persoais, un debe completar un perfil cos seus intereses, os libros que le e, por suposto, o café que toma na súa casa.
 
Unha aplicación moi urbana para atopar espíritos afíns que gocen co café e compartir con eles unha cunca.
 
A aplicación está en Francés e Inglés e está en funcionamento en Montreal  e  Quebec.
 
Non se trata de  tomar un café pola cara o café cada cafeteiro “invitado” debe pagar a cunca de café que consome.

 

Nok Nok Cafe

5ª BREWTIME

Unha das  apps máis novas que nos atopamos na nosa procura de información.
 
Trátase dunha billa que che fai o tipo de café que lle pidas  desde a aplicación para o móbil.
 
Só tes que sinalar no teu  smartphone ou  tablet o café que queres e sae pola billa o que pediches.
 
Mesmo vai máis aló xa que é capaz de preparar chocolate quente ou auga  carbonatada.

 

Brewtime

6ª Coffitivity

Quizá a APP máis curiosa que atopei.
 
Unha APP que reproduce os ruídos típicos dunha cafetería, en varios cidades do mundo.
 
 
Que fai a  aplicación?
 
Sométeche a "un nivel moderado de ruído ambiental é propicio para a cognición creativa".
 
En  outras palabras que estar un pouco distraído axúdache a ser máis creativo.
 
Curioso non, pois aí tela cafeteiro por se a queres probar.
 

Coffitivity

7ª ART OF COFFEE

Con esta  app non aprenderás a calcular as cantidades de café ou os tempos de infusión, senón a facer debuxiños no teu café (latte art). 
 
Contarás con instrucións para deseñar corazóns, fogos artificiais, flores, e así ata 30 formas diferentes. 
 
Dispón de conexión directa con Twitter e Facebook para que poidas compartir as túas obras de arte co resto do mundo.
 
Art of Coffee

 Kohi

Unha fantástica ferramenta para controlar o tempo de paso do café.
 
KoHi  Labs, esta aplicación é ideal para cafeteiros profesionais e tamén para aqueles  amateurs obsesionados co café.
 
Permíteche medir tempos de diferentes cafeteiras Aeropress, Chemex, Haro V60, Prensa Francesa, e outros métodos naturais de extracción do café.
 
Cal é a súa función fundamental?
 
A través dunha calculadora e un  temporizador, a aplicación axuda ao usuario para preparar a cunca perfecta.
 
Introdúcese a cantidade de café que se desexa  infusionar, o tipo de  cafetaría  onde se  infusionará, e como se  infusionará, e  KoHi indica o tempo adecuado en que debe ser preparada a bebida.
 
Evita que o café se queime ou quede  sub- extraído.
 
É unha aplicación para  IOS que vos facilitará moito a vida a hora de preparar un café.
 
Actualizárona en 2017 e xa non é tan lenta como o era anteriormente.
Kohi
Só unha consideración final, animar a traducir as aplicacións, moitos dos cafeteiros do mundo non coñecen o inglés, que é a o idioma único en moitas das aplicacións presentadas. 
 
Agora ben son fantásticas para practicar o inglés para aquel que o domina.
 
Espero que vos resultara interesante, e se vos baixades algunha xa nos contaredes como foi a experiencia coa aplicación.
 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020