Naked: O porta -filtro perfecto para o café.

O porta filtro perfecto para el café.

O Naked é un Porta filtro para cafeteira expreso

O portafiltro naked, sempre e cando se controle o proceso de extracción,  facilita  extracción dun café expreso perfecto. 

Non é fácil atopar información sobre este filtro se non é en inglés, así que quen  coñeza  o inglés esta mais cerca de entenderen un mellor o que é, para que sirve, e cales son as vantaxes de este utensilio. 
 
Pero na medida das nosas posibilidades queremos dar a  coñecer o Naked , un porta-filtro para cafeteira expreso creado por Gábor Laczkó, dono da torradora húngara Kávékalmár. 
 
En realidade a idea e sinxela, pero con moito efecto sobre o café que preparamos cunha cafeteira expreso.
 
A diferencia cun filtro normal é que o Naked posúe un fondo plano ese fondo que está "Naked", espido, por abaixo co que se pode ver como o café como cae directamente desde o caciño á cunca sen ningún tipo de limitación física.
O Naked está cortado pola súa parte inferior,  non ten  os bicos de extracción que direcciona a bebida até a cunca.
 
 É este pequeno detalle segundo o seu creador, e na nosa opinión,  é o motivo que ela pode ser considerada “ideal para identificar erros” de preparación do café, ó quedar o proceso totalmente a vista do barista pode apreciar erros na extracción do café. 

O portfiltro nacked axuda a identificar erros á hora de preparar o café.

O barista pode analizar cal é a forma como está a escorrer o café, como se está a comportar o auga, xunto cos efectos da presión e da temperatura  teñen o pasar o auga polos polos graos moídos de café.
 
Permite advertir e corrixir erros de dosificación e presionado do café.
 
Xa so pola información que nos aporta o Naked do que ocorre dentro do filtro porta-fliltro  da cafeteira  sería un elemento realmente útil a hora de valorar por un profesional como está a ir extracción do café.
 
Todo Barista  que se prece, debería de ter sempre un a man e utilizalo ao empezar e durante a súa xornada laboral, para poder valorar a extracción do café e actuar acorde co resultado obtido.
 
E se este non fose o desexado, poderíalle levar a variar o prensado da pastilla, ou o punto de moenda,  ou a revisar o estado dos filtros, etc, para intentar mellorar os cafés expresos que está a obter.
 
Naked portaflitro de cafetra expreso
 

Unha segunda vantaxe é que o Naked da cafetería expreso cae directamente na cunca sen ser interrompido polos dous caños.

Este sutil cambio na forma que chega o café a cunca ten sorprendentes consecuencias no café que se logra con este sistema. 

O feito aforra calor e tamén conduce a unha mellor preservación da crema e por tanto dá lugar a un expreso un pouco de máis doce, máis groso, moito máis cremoso e redondo. De verdade un gran expreso para un cliente que entenda e aprecie o café.
Para obter un gran expreso utilices ou  non utilices o Naked sempre terás que contar cun gran café, ben tostado e moído acorde as necesidades da cafeteira e do porta-caciño.
 
A vez que traballar cunha auga que permita obter  o gran café que esperas.
 
Dito isto máis para ti bo aficionado  que para ti barista profesional que sen dubida xa o sabes como obter un bo café.
 
Unha cuestión curiosa cando traballas co porta filtro Naked  é, si iso é posible, que consigue aumentar a beleza da extracción de un café expreso desde a primeira gota ata conseguir un café cremoso e practicamente perfecto.
E isto observado dende que comeza a saír o café cara a cunca.
 

Conseguindo que todo proceso sexa enormemente visual, moi estético dende o momento en que comeza a pasar auga polo café molido e vai caer na cunca. 
E mellor é que da lugar a uns cafés espectaculares conservando todo o aroma e sabor do café.

Outro aspecto interesante é a cor do café que se opten utilizando o Naked.

Deberías obter un bo marrón avermellado con raias máis escuras , despois de un paso de 25-30 segundos.
O sinal positivo de que a extracción de aromáticos está no seu punto.
 
Para obter un bo café podes ir pensando en poñer 10 ou 12 gramos de café no caciño da túa cafeteira expreso, fronte os sete ou oito de una extracción cun porta filtro máis habitual.
 
E un café iso si, que queda perfecto para os clientes moi cafeteiros.
 
O Naked non deixa de ser un instrumento moi interesante para conseguir un café expreso tanto si es un barista profesional, como si simplemente gozas facendo cafés expreso na  túa cafeteira en casa. 
 
Como somos vos amantes do café que somos sempre estamos dispostos a probar novos cafés, e novos métodos de facer un bo café,  propoñemos se tes a oportunidade  tomes un café obtido co Naked; no caso de que non o teñas feito:
 
Tes algunha experiencia preparando un café co porta filtro Naked?
 
Como che foi na experiencia?
 
Que nos podes dicir dos cafés resultantes?
 
Para opinar destas e doutras cuestións non tes mais que escrolear un pouco e encontrarás o formulario para facer comentarios. Esperámo-los.
 
A semana que ven máis  e mellor para amantes do café.
 

 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020