O café ecolóxico, funciona na Hostalería?

 Facendo un expreso de cafés ecolóxicos en hostalería

Pesenza dos cafes ecoloxico na hostelería

Unha tendencia que desde Cafés Sabora observamos claramente é a maior valoración que o café ecolóxico por parte do cliente final. 

Cada vez son máis os clientes que aprecian as calidades do café ecolóxico e valoran que os establecementos que ofrezan está opción.
A hostalería tradicional  ten chegando ao mundo do café ecolóxico ou orgánico con forza, existen boas razóns par elixir esta opción para o teu establecemento ina que nos sexas un establecemento especializado en producto ecolóxico.

Un pouco de historia dos cafes ecoloxicos.

Esa boa apreciación do produto ecolóxico da que temos falado na introucción do post ten levado a que por unha banda crezan os negocios especializados en venda de produtor orgánico, entre estes productos o café ecolóxico non é excepción ningunha.
 
Fai xa uns cuantos anos cando comezamos a comercializaralo estaba moi restrinxida a súa distribución a tendas de produtos ecolóxicos, e vender café orgánico fóra dese circulo era realmente unha temeridade.
 
Nos últimos tempos temos un feito diferencial que comezamos a observar, polo menos no sector en que nos manexamos, que o café ecolóxico comeza a dar o salto ás cafeterías ou restaurantes que apostan polo café de calidade. 
 
É certo que algunhas desas cafeterías ou restautantes son un desenvolvemento das tendas de produto orgánico, ou polo menos dunha partes destas tendas cara a atopar novas liñas de negocio que satisfagan aos seus clientes, tratan de que ademáis de levar o producto a casa, poidan gorzar nos seus momentos de lecer en establecementos donde atopen productos orgánicos, claro, entre eles dun bo café ecolóxico.
 
Un exemplo claro pode ser en Sevilla o Restaurante Gaia  en Luis de Vargas 4 e o Organic's Gaia na rua José de Velilla 3, que atende a un publico amante do orgánico, acercando a posibilidade de comer fora de casa sin renunciar a unha comida orgánica.
 
Nesa liña de buscar novos nichos de negocio están establecemento como Matina na Rúa Abeleira Menéndez 26 de Vigo que se define como é "un bazar especializado en almorzos e merendas no que se poden degustar deliciosas receitas eco, e eu engadiría un excelente café ecolóxico. Como eles mesmos de definen "Un espazo con encanto inspirado nas tenda de toda a vida". Que mestura elementos culturais, con decorativos ou produtos ecolóxicos. 
 
Matina café ecológico en Vigo
Pero a novidade, collendo o fío da pregunta do inicio, é que cada vez máis cafeterías da que poderiamos denominar como Hostalería Tradicional, é dicir, daqueles que non veñen especificamente do mundo dos produtos ecolóxicos, están a empezar a apreciar cada vez máis o que supón o poñer un café ecolóxico
E comezan a ofrecer este tipo de café é os seus establecementos.
 
Buscan un elemento diferencial nun café que lonxe de perder as súas características esenciais veas potenciadas no café orgánico, da mesma forma que unha froita ecolóxica adoita ter máis aroma e sabor que producións máis masivas pensadas para o gran consumo.
 
  • O aroma e o sabor do café orgánico, sempre e cando sexa da mesma calidad doutro café non orgánico, vese potenciado por un cultivo ecolóxico nas plantacións das árbores de café á sombra.

  • A forma de traballar, xunto á utilización de técnicas non agresivas para co medio no abonado e o tratamento de pragas, que se fai sen recorrer a produtos químicos industriais potencian o aroma e sabor do café.

  • É máis respectuoso co medio, a recollida do café é selectiva, e o seu tratamento desde as primeiras fases moi pouco agresivo co café e co medio ambente.

Baste dicir que un descafeinado ecolóxico nunca poderase conseguir con procesos tan agresivos como o cloruro e metíleno, metodo prohibido para obter o descafeinado ecolóxico e que segue pudendo utilizarse noutros descafeinados. 
 
Nos nosos cafés descafeinados o café trátase con CO2 e auga, que non é outra cousa que non é outra cousa que auga saturada dos compostos do café excepto a cafeína, que resulta un proceso para nada agresivo co café, que consegue eliminar a cafeína deixando boa parte do aroma e o sabor do café.
 
Os hostaleiros cada vez máis formados ven un plus no feito de que o seu café proveña dun cultivo é respectuoso co medio ambiente, que ademais apoia a economía das comunidades rurais das zonas pois necesita de máis man de obra que ademais debe de estar próxima á zona, e que está certificado polas autoridades e cun grao maior de esixencia, e por tanto o café ecolóxico dáche máis garantías de calidade que calquera outro café.
 
Un exemplo de cafetería que iniciou esa senda é o Lembranza na rúa Montero Rios de Santiago de Compostela ou en restaurantes na mesma cidade podedes atopar o Peixe Palo, en Xeneral Pardiñas, a un paso de e a zona histórica que aposta forte igualmente polo produto ecolóxico en xeral e o café ecolóxico en particular.
 
 
Almozo café ecológico
 
Temos exemplos en La Artesa en rúa Don Gonzalo 6 en Pontevedra panadería e pastelería que aposta tamén por ofrecerche un fantástico café ecolóxico. Un local para tomar o café de maña, sempre ben acompañado dun pastel rico rico de verdade.
 
Desde a perspectiva de Cafés Sabora é un elemento positivo que a sociedade vaia gañando en conciencia ecolóxica, e que este elemento de coidado do medio ambiente e para comer san sexa un valor positivo que se reflicta cada vez máis na demanda dos consumidores, e que os empresarios comecen a ver nesta realidade unha opción de negocio.
De feito respondendo á pregunta inicial o café ecolóxico non só funcionará ben en calquera local de hostalería, senón que ademais nestes momentos é un elemento diferencial para o teu negocio que di moito de como o teu negocio  se relacióna co mundo.
O feito de que produtos como o café ecolóxico comece a saltar a barreira das tendas especializadas en produto ecolóxico, cara ás tendas de produtos de calidade, e que con paso firme incorpórense á hostalería: restaurantes, cafeterías, bares, pastelerías, é un elemento para felicitarse.
 
Podes coñecer as vantaxes do café ecolóxico ou orgánico no post: O café ecolóxico: non todos os cafés son iguais.
 
O planeta sairá gañando, a nosa saúde tamén, e o que é mellor non deixaremos de tomar un gran café  ;).

 

 


Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020