O muíño de café e a súa influencia na preparación do café.

Mecanismo do muíño de café

Que é un muíño de café?

Podemos definir o muíño de café como:
 
Unha ferramenta empregada para moer os grans de café para xerar a moenda que vai permitir preparar ese café para facer unha extraccion perfecta.
Poderías chegar a pensar que é unha perda de tempo e enerxía moer o café cun muíño.
 
O certo é que se pensas así estaste a equivocar totalmente. 
 
Xa que o aroma e o sabor dun café fresco recentemente moído supera enormemente a outras alternativas como a de comprar o café xa moído que calquera empresa que se dedique ó torrado de café vai ofecerche.
 
O utilizar un café fresco é fundamental para obter todo o aroma e sabor dun bo moído.
 
Porque si, non son imaxinacións túas, o café fresco, así chaman ao café con só días de torrado, é o máis saboroso que o que leva meses envasado.
 
De aí a obsesión que temos en Cafés Sabora por enviar un café torrado no mesmo día aos nosos clientes xa sexan locais de hostalería ou tendas. 
 
O moer o café fresco xusto antes de usalo non é un capricho, é unha necesidade. O café perde aromas e sabores que achegan moléculas que unha vez moíches o café disípanse xa non en horas senón en minutos.
 
Xamais verás a un barista profesional moer tempo antes de ir preparar un café, moe o café xusto no momento que inicia o proceso de facer un café, nin un minuto antes.
 
 Muíño tradicional de café con cafeteira de filtro

Que tipos de muíño de café podémonos atopar?

Muíños de cafés de aspas

Empecemos polos máis populares e vendidos, os muíños de coitelas ou aspas.
 
Deben a súa fama ao prezo, son moito máis baratos que os eléctricos de moas. Por 15 euros atoparalos se buscas un pouco.
 
O seu gran problema é que non moen de forma uniforme o café e requentan o gran ao moer, é dicir, non van sacar o mellor do café.
 
Non son a opción máis recomendable por que un bo moído require, primeiro, non sacar de punto de torrado o café que moes e con este sistema pode chegar a suceder.
 
A outra parte fundamental para un bo moído é que o gran teña o tamaño que require cada sistema de extracción
 
E que ese moído sexa uniforme é fundamental xa que en caso contrario pode dar problemas á hora de extraer café.
 

Muíño de café con aspas eléctrico

 

O muíño manual de moas. 

Son muíños de café que utilizan moas pero o seu mecanismo é manual.

Hainos con deseño moderno, a base de aceiro inoxidable como o da imaxe, e con estilo retro coa madeira como principal material.

Funcionan cun sistema de moas, de cerámica ou aceiro inoxidable, que aprisiona o gran. 
 
O seu funcionamento é sinxelo: un depósito superior contén os grans de café a moer e o café moído recóllese nun depósito inferior unha vez foi moído o gran de café. 
 
Os bos teñen a posibilidade de regular o grao de moenda.
 
O mecanismo de moenda consiste nun manubrio situado na parte superior que move a moa sobre un asento tronco cónico no interior da máquina, polo que pasan os grans enteiros de café do depósito superior e o café obtido do proceso de moído cae no caixón ou compartimento inferior xa listo para usarse nunha cafeteira.
 
Son baratos, a moenda é uniforme e non requenta o gran de café.
 
Unha opción moi interesante para casa se non che importa dedícalle uns minutos ao moído dunha pequena cantidade de café sempre para poucas persoas.
 
Evidentemente un profesional non pode depender dun distes muíños de café.
 
molinillo  de muelas manual

O Muíño eléctrico de moas

Permiten  triturar o gran a diferente velocidades, distintos tamaños de gran. 
 
A opción máis recomendable se aprecias unha boa cunca de café e non tes tempo que perder. Imprescindible para un barista ou establecemento onde se sirva café.
 
O sistema de moas garante unha moenda óptima conservando todo o aroma e propiedades do gran. 
 
Procesan o café moído en cuestión de segundos e sen ningún esforzo.
 
Fano triturando o gran sen producir o calor típico dos muíños de café de coitelas.
 
Se están ben regulados danche o tamaño exacto que queres para cada tipo de café a preparar.
 
O seu único pero, o prezo, son muíños que requiren un forte investimento económico que non todos o particulares están dispostos a realizar.
 
Iso si, se es un profesional da hostalería é un imprescindible se queres servir cafés no teu local.

Recipiente para muiño profesional de moas con café

Como conclusión: aposta por un muíño de moas. 

Se es un particular e non che importa traballar un pouco para prepara un café pode ser manual.
 
Se es un profesional necesitarás un muíño de moas profesinal, mesmo antes que unha cafeteira expreso.  Ata ese punto é importante un bo muíño para conseguir un bo café.
 
En ningún caso utilices un muíño de café de coitelas recorda que non son fiables nen canto o grosor do café, inconvnte que como dixemos é un problema. Ademais poden ao quentar o café por rozamento ata sacalo de punto. 
 
A pesar do seu prezo, non compensa se o que che interesas facer é un café de calidade.
 
Se esta pensando en compra un muíño de café podes ler o post: Muíño de café: Todo o que tes que saber para comprar un.
 
Moe o teu café e goza o dobre co resultado que obterás.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020