un café latte?
Basicamente un latte no mundo do café é un café preparado con base un espresso e leite quentado ao vapor pola lanza a máquina de café expreso.
Caffè Latte:
1/3 de café expreso
2/3 de leite vaporizada
1 cm de crema de leite
É un café de orixe italiana que en Italia noméase como caffè latte.
Ollo en Italia, un caffè latte é unha cousa e un "latte" sen máis, outra.
É un café de orixe italiana que en Italia noméase como caffè latte. Se vas a Italia debes de telo en conta.
Así que se o teu pides un
latte en Italia o máis fácil é que acabes cun vaso de leite sen pinga de café.
Fóra de Italia se pides un latte poñeranche un café con leite nas proporcións indicadas de 1/3 de café espresso e 2/3 de leite vaporizada, cun centímetro de crema de leite.
Vexamos entón que é Café Latte, un dos tipos de café que máis confusión xeran.
Qué non é un latte.
O latte macciatto
Para poñer un pouco máis de confusión os italianos teñen o
latte macchiato que non é outro cousa que un vaso de leite con medio tiro de expreso
.
Si nesa orde, trátase de manchar un vaso de leite con medio tiro de expreso para darlle algo de aroma e sabor ao café.
Latte macchiato
1 Vaso de leite
1/2 tiro de café espresso
-
Así que se queres un vaso de leite manchado de café en Italia terás que pedir un latte macchiato.
-
E se queres un café que sexa 1/3 de expreso e 2/3 de leite vaporizada, cun centímetro de leite terás que pedir un caffè latte.
Aclarado o concepto, non?
Aínda a risco de que vos comece a estalar a cabeza falaremos un pouco do macchiato.
Pero se xa falaches desto home?
Pois non, e ese e o problema, por que unha cousa é o latte macchiato e outra o macchiato.
Como quedas?
O macchiato
Machiatto
1 café espresso
1 pinga de leite quente facendo escuma.
Posúe un sabor moi forte.
É unha das bebidas de café máis audaces que existen.
Ao contrario que o latte, no que o leite é o sabor máis forte, un macchiato pode describirse como un espresso cunha pinga de escuma de leite quente.
Ponse unha pinga de leite para suavizar ao café, é un café cortado tal e como entendemos en moitas sitios da Galiza.
Por facer un matiz neste café e na maioría dos cafés en España téndese a facer o leite menos espumosa que en Italia.
Aínda que para non quedarnos con isto dentro dermos que noutras zonas un cortado acostuma a seren un café con leite pequeniño co 50% de café e o 50% de leite.
Que queredes que vos diga o barismo non é unha ciencia exacta.
Neste caso ese cortado sería francamente diferente ao macchiato italiano.
Cal é a diferenza entre un latte e un capuccino?
O capuccino é unha bebida de café espresso, leite quentado ao vapor e escuma.
Que casualidade exactamente os mesmos ingredientes que un latte, a diferenza é a proporción para cada un.
Capuccino
1/3 de café espresso
1/3 de leite vaporizada
1/3 de crema de leite
Como vemos o cappuccino leva moito menos leite que o latte e o latte leva menos escuma que o cappuccino.
Ao contrario que o latte o cappuccino leva 1/3 de café, 1/3 de leite ao vapor, e 1/3 de escuma de leite, fronte ao terzo de café e dous terzos de leite ao vapor que leva o café latte.
Leva moito máis escuma de leite que o latte.
Como a escuma de leite ocupa 1/3 do café o que se consegue é que o capuccino teña menos leite que o latte, xa que a escuma de leite achega moita menos cantidade de leite que o leite quente sen escuma.
Mentres que o cappuccino ten un sabor equilibrado e forte con máis presenza do café, o latte ten un sabor máis suave xa que o peso do leite é maior no balance final da cunca de café.
É O MESMO UN CAFÉ CON LEITE QUE UN CAFFÈ LATTE?
Aínda que caffè latte significa literalmente café con leite en italiano non é exactamente un café con leite, polo menos como o entendemos en España.
Na maior parte dos bares e cafeterías, un café con leite que che serven na Galiza pero non é realmente o mesmo.
O normal nun café con leite é que as proporcións de leite e café sexan as mesmas, é dicir, 50% de café e 50% de leite, para que sexa un verdadeiro café con leite á forma tradicional, pero pode variar segundo o gusto de cada persoa, local ou zona.
Iso si sempre servido nunha cunca máis grande que o
café cortado.
O leite adoita ser menos cremosa que no caso do caffè latte italiano.
Aínda que tamén vos digo que podedes atopar cafés con leite moi parecido ao latte italiano.
Pasos a seguir para preparar Caffè Latte:
Que necesito para preparar café latte?
-
Unha cafeteira expreso con válvula vaporizadora.
-
Café en gran de calidade cun muíño de café, xa sexa manual ou eléctrico.
-
A cantidade necesaria é de 7 gramos por cunca xa que imos imos preparar un café espresso
-
170 ml de leite por cunca.
Importante aclarar que dependendo do leite obtense diferentes resultados:
O leite con 2% de contido de graxa xera a mellor cantidade de escuma e outorga cremosidade, o leite desnatado se escuma moito máis fácil pero non é tan saborosa como as outras e o leite enteiro ao conter a maior cantidade de graxa fai que sexa a máis saborosa pero xerar a escuma é máis difícil.
Como se fai o café latte?
1º Moe os grans de café
Moer os grans de café para obter
un moído fino, co teu muíño manual ou automático, xa que o café espresso necesita este tipo de moenda.
O grao de moenda ten que ser similar ao do azucre ou sal fina para lograr a consistencia desexada á hora da extracción.
2º Colocar no porta filtro o café moído
Colocar o café previamente moído finamente na culler porta filtro da cafeteira expreso e coa man nivelalo o máximo posible para logo compactalo co compactador.
É importante que quede nivelado así a presión da auga ao pasar polo café espresso aplica unha forza uniforme.
3º Quentar o leite para o café latte coa lanza de vapor da máquina expreso.
Nunha xerra colocamos os 170 ml de
leite e ca lanza da cafeteira expreso quentámola e xeramos a escuma.
Cando se empecen a xerar burbullas xa podemos sacala.
4º Elaboramos do café espresso
Xa podemos colocar a culler porta filtro previamente preparada co café moído na cafeteira expreso.
Configurámola ou aplicamos unha presión de 9 bares nas cafeteiras profesionais coa auga entre 88º C - 91º C aproximadamente.
Facemos a extracción nuns 25 segundos para obter ao redor de 30 ml de café espresso coa súa clásica escuma cor abelá.
5º Terminar o noso café latte
Unha vez que teñamos o noso café espresso feito vertemos o leite que preparamos no terceiro paso deixando que caia primeiro a parte líquida e ao último a parte espumosa, para conseguir ese centímetro de escuma de leite típico deste tipo de café.
E xa esta listo para que goces un gran café latte.
Tamen che pode interesar: