Cafés Arábicas ou Cafés Arábicas 100% é unha información que aparece nos paquetes de café.
Cafés arábicas son aqueles cafés procedentes dunha especie de cafeeiro, árbore do que provén o café, coñecido como Coffea Arabica, de aí o nome de arábica para estes cafés.
Existe outras especies de cafeeiro?
- O chamado Coffea Excelsea, que se atopa principalmente no norte de África a sua producción escasa e a calidade discutíbel.
- E o Coffea Libérica, que se atopa tanto no oeste de África como en Filipinas.
Características dos cafés arábicas.
-
Un café arábica ten aproximadamente a metade de cafeína que un robusta, como máximo ten 1,7%, xeralmente menos.
-
Os grans de arábica teñen unha forma esmagada e máis alongada que os robusta, e unha raia divisoria con curva, lixeira forma de “S”.
-
Crece entre os 500 e os 2400 metros en zonas tropicais húmidas. Aínda que existen grandes variacións entre unhas variedades e outras de café arábica. Ben é certo que o café arábica cultivado por encima dos mil metros adoita ser considerado un café arábica de mellor calidade, é o coñecido café de altura.
-
O café é de maior calidade xa que a temperatura proxima sempre aos 20 graos, ventos moderados, fan da contorna desas zonas un lugar moi favorable para o cultivo do café arábica.
-
O berce do café arábica é Etiopía, actualmente esta moi estendido o seu cultivo por Centro e o Sur de América, desde México, pasando por Colombia, ata Perú atopas excelente cafés arábicas nesta zona.
-
O café arábica cultívase en América do sur, Centro América e leste de África fundamentalmente.
-
Dá lugar a unha bebida aromática, suave e moito máis dixestiva que o café robusta.
-
No mundo algo menos do 70% da producción mundial de café é arábica.
Características do Café Robusta
-
Os seus grans son máis pequenos que os de Arábica. Os grans de robusta caracterízanse por unha forma máis redondeada e unha raia divisoria rectilínea.
-
O Robusta ten a vantaxe comercial que pode cultivarse ben en terras baixas de fácil acceso en combinación cunha alta resistencia a moitas enfermidades.
-
O café robusta cultívase en zonas secas de África ou Indochina fundamentalmente.
-
Aínda que tamén existen algúns robustas cultivados en altura como os Uganda, que melloran igualmente estes cafés sobre a media dos cafés robusta.
-
O habitual é que se cultiven en cotas moito máis baixas. Sendo normal que se cultiven por baixo dos 500 metros.
-
Son algo máis do 30% da produción mundial.
-
O rendemento da planta é maior e a planta máis resistente.
-
Está xeralmente aceptado que dan lugar a un café de inferior calidade, e un café con menos aroma e con certo amargor. Pasa por ser menos rico en sabor que o Arábica.
-
Tamén é certo é que os robustas adoitan ter un menor prezo no mercado do café que os seus irmáns os arábicas.
E isto explica a súa presenza masiva en cafés de baixo prezo e produción industrial. En España máis do 50% do café que se consume é robusta.
Adoita ser menos dixestivo que o café arábica, e leva máis cafeína como xa dixemos.
Como contrapartida adoitan achegar moita crema e corpo ao café.
Os robusta de calidade mesturados en proporcións pequenas con arábica podendar lugar a excelentes blends para hostalería xa que achegan corpo e escuma ao café, mentres os cafés arábicas achegan a acidez, o aroma e o sabor.
En Cafés Sabora utilizamos unha pequena porcentaxe de Robustas cultivados en Altura en Uganda utilizamos nalgúns dos blends para hostalería precisamente por que achegan corpo e crema ao café expreso.
Iso si os mesturamos con arábicas cultivados en altura de gran calidade que lle achegan unha equilibrada acidez, gran aroma e un sabor propio dos mellores arábicas.
Só existe unha variedade de cafés Arábicas?
Varietades de Cafés Arábicas.
Típica
Pache
Maragogype
Harar
Borbón
Caturra
French Mission – Misión francesa
Pacas
Pacamara
Mundo Novo
Blue Mountain
Catuai
Catucai
Catimor
Variedades de cafés Robustas.
Kopi Luwak
Excelsa
Fóra xa dos Arábicas e Robustas podemos falar do Kape Barako
Híbridos de Arábica e Robusta
Fundamentalmente un café que apareza o termino arábica indica que é maioritariamente arábica, pero pode levar unha pequena porcentaxe de robusta que lle mestre tostador considera necesario para equilibrar ese café en aroma e sabor por unha banda e corpo e escuma polo outro.Un Arábica 100% esta composto por café arábica única e exclusivamente.