Café Arábica Hostalería

Café Arábica  de Cafés Sabora

Café Arábica para Hostalería.

Goza dun café excepcional, pensado para a hostalería e elaborado coa paixón e experiencia de Cafés Sabora.
 
Un blend único:
 
Café 100% Arábica: Cultivado en altura en Colombia, ofrece un aroma intenso e un sabor equilibrado.
 
Toque de Robusta de Uganda: Achega corpo e crema espresso á cunca, perfecto para un café ideal.
 
Mesmo sabor, novo nome: Café Arábica, a evolución do noso blend Colombia para hostalería, que che conquistará co seu aroma e sabor excepcionais.
 

POR QUE ELIXIR CAFÉ ARÁBICA?

  • Equilibrio perfecto cunha acidez moderada, corpo intenso e unha escuma cremosa que deleitarán aos teus clientes.

  • Ideal para espresso é un café versátil que se adapta a calquera preparación, desde un espresso só ata un capuchino ou un latte.

  • Aroma irresistíbel que seduce desde o primeiro instante.

  • Experiencia sensorial para un café que che transporta a plantacións de cafeeiras de Colombia e Uganda, con cada cunca.

Paixón polo café
 
En Cafés Sabora, torramos os mellores cafés Arábica con mimo e dedicación, para que goces do seu máximo potencial. Seleccionamos coidadosamente os grans, controlamos o proceso de torrado e empaquetamos o café con esmero para preservar a súa frescura e aroma.
 
Goza en calquera momento
 
Só ou con leite, o Café Arábica é perfecto para calquera momento do día. Un café que che acompañará nos teus almorzos.
 
Para os padais máis esixentes
 
Se es un amante do café, encantarache o aroma e sabor excepcionais do Café Arábica. Un café que supera as expectativas dos padais máis esixentes.
 
Próbao e namórate
 
Convidámosche a descubrir o Café Arábica e a experimentar a paixón polo café que nos define en Cafés Sabora.
 
Dispoñible en paquetes de 1 quilo.
 

Queres máis información sobre o Café Arábica de Cafés Sabora fai  clic ou chama ao  981 819 139.

 

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020