Un Gran café para Restaurantes: Como identificalo

 Gozando dun café no restaurante

Os cafés para Restaurantes

Os cafés para Restaurantes debe de ter unha serie de características para poderen  satisfacer  ás moitas persoas que queren dar por pechada a súa comida cun bo café.

Para que do teu local o cliente poda levar unha boa experiencia non podes esquecer o café.
 
Se tes un restaurante non che digo nada novo que a cantidade de clientes que rematan a comida cun café é moi relevante.
 
Non debería de ser unha novidade para ti que a experiencia como cliente vese moi beneficiada ofrecendo un bo café, como prexudicada vese cando o café non alcanza as expectativas do cliente.
Nun restaurante á forza o café ten que ser un café de calidade, ben preparado, xa que o último que nos interesa é estragar unha gran comida cun mal café.

Cociña dun restaurante

Recomendacións para identificar un gran café para restaurantes:

O café arábica 100%

É unha opción moi adecuada para restaurantes xa que ofrece unha serie de características moi interesantes.
  1. O café arábica é máis dixestivo que un café robusta, o cal é moi interesante para acabar unha comida. Non vaia a ser que o mal corpo que pode vir de tomar un robusta 100% sexa achacado á comida.
  2. É máis aromático por tanto intensifica a experiencia de tomar café.
  3. É máis suave ao padal o que fai máis pracenteiro o seu goce.

Se o que serves son cafés expresos algúns consellos para identificar un bo café para restaurante feito correctamente.

Como detectar que se está ante un bo café arábica expreso?

1º A Cor do café para restaurante.

 
Un bo café arábica expreso deixarache un café cunha cor abelá, reflexos avermellados e estrías claras que crean un efecto atigrado uniforme.

Defectos que podes atopar nos cafés para restaurante:

  1. Se a crema do expreso tenda cara ao gris, é signo de que a mestura contén unha gran cantidade de café Robusta.
  2. A crema tende ao branco indica que se empregou unha cantidade de café inferior á aconsellable polo que debes de poñer máis cantidade de café en cada extracción. Tamén pode ser que a moenda fose demasiado grosa e/ou o prensado do po no porta filtros demasiado lixeiro. A moenda para cafeteira expreso debe de ser moi fina, é recomendable ter un bo muíño que axuste a moenda ás necesidades da cafeteira.
  3. A tendencia ao negro indica unha sobre extracción na preparación, ou que era un mestura que levaba café torrefacto que non é a mellor idea para ter un café de calidade.
Xa compres café para restaurante, bar, cafetería, ou para casa evita o torrefacto, sempre toste natural 100%, un café torrefacto é un café torrado que xamais achegará un gran café á cunca do teu cliente.
 

2º Consistencia do café para restaurante.

Depende das proteínas, as graxas e os azucres que son emulsionados na auga durante a extracción do café pola máquina expreso.
 
O café debe de formar crema dun par de milímetros, pero a presenza de crema por si soa no café non nos fala da calidade do mesmo, xa que o café robusta saca máis crema que o arábica.
 
Si é certo que o café sobre-estraido, sub-estraidos, ou con mesturas con alto contido de cafés torrefactados adoitan ter pouca crema ou directamente ningunha.
 

3ºAromas que queremos no noso café para restaurantes.

  1. O aroma a tostado, é a sensación dominante de todos os expresos debida aos compoñentes especiais que se forman durante a extracción pola transformación dos azucres. 
  2. Outros aromas que falan da calidade do café son o Chocolate, aroma prezado que ás veces evoca o da vainilla xunto a unha marcada nota de cacao. 
  3. A sensación a café afroitado, particularmente nos cafés lavados de alta calidade, entre os que pode emerxer unha nota típica de cítrico son sinais evidentes de calidade do café.
  4. As sensacións a pan tostado, sensación moi positiva que lembra o pan recentemente saído do forno.
O que non queremos é cheiro a terra, a humidade, etc, cando a sensación é moi forte fálanos de presenza de robusta  de forma importante nas mesturas, ou de defectos no café ou no procesado do café.
 

4º O sabor no café para cafetería.

Se prestas atención ás sensacións percibidas advertirás tres sabores fundamentais: o doce, o ácido e o amargo. 
Un bo café arábica debe ser máis acedo que amargo, máis suave que astrinxente.
Son bos signos que o café arábica sexa un café lavado, e que ademais, fose cultivade en cultivado en altura, é dicir a máis de 1000 metros,  xa que así o café será un café suave, co seu punto de acidez, pouco astrinxente e amargo.
 
Non estou a dicir que teñas que refugar todas as mesturas, un bo blend cun pouco de robusta e que este construído por un arábica de calidade pode achegar corpo e escuma ao expreso sen perder o aroma e sabor que buscamos.
 
Canto máis preto ao trópico e onde hai máis montaña é onde se producen os cafés de máis calidade, como é o caso de Colombia, Guatemala, algúns cafés de Costa Rica, México e Perú onde se están producindo moi bos cafés. 

Se queres acertar seguro o café par a cafetería buscamos un café arábica 100%, lavado e cultivado en altura:

  1. Que dea un café de cor abelá con reflexos avermellados e estrías claras.
  2. Aromas a chocolate, cacao ou vainilla;
  3. Ou  teña  presenza de certas notas a cítricos, sexa suave e afroitado, con certo toque de acidez;
  4. Ou recordos a pan recentemente tostado.
Os nosos cafés cumpren os requisitos básicos como non podía ser doutro xeito.
Ten en conta unha cousa cun quilo de café podemos facer sobre 110 cafés se o café é moi bo incluso algúns máis, curiosamente un café de boa calidade fai un café vai consumir 7 gramos, un malo necesita ata 12 gramos para obter un café. 
Un mal café nunca che sae a conta, xa que non só non aforra custos de maneira significativa, senón que lle ofrece unha experiencia moi negativa a un cliente que quere gozar dun bo café na súa sobremesa.
 
Unha pequena apreciación final sobre o café descafeinado, hoxe existen excelente opcións para poñer un café descafeinado de calidade ao teu cliente, con todo o aroma e sabor do café, aposta por cafés como o descafeinado á auga ou o café ecolóxico para o teu sector son elementos diferenciais con boa parte da competencia, e o teu cliente quedará encantado.
 
Se tes dúbidas de que café utilizar no teu restaurante non o dubides ponte en contacto connosco e axudarémosche a decidir.
 
Feliz café e boa comida.

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020