Cuncas de Café: Todo o que debes de coñecer.

Cuncas de café de porcelá

Que aporta unha boas cuncas de café ó café

Unha boa cunca de café non mellora o gusto nin o aroma dun bo café pero permite conservalos durante máis tempo.

Así que dedicar un tempo para elixir as túas cuncas de café quizáis non sexa mala idea se es dos que goza co café e con toda a intensidade da experiencia.
  • No mercado existen multitud de cuncas para o café de distintos materiais porcelana, gres, louza, cristal, aceiro, aluminio, pirex, plástico, etc. Como vemos unha chea de materiais,

  • Aos que deberiamos engadir uns cuantos tamaños ou capacidades segundo o tipo de café que imos tomar.

  • Mesmo difiren nas súas formas desde que teñen forma de cilindro, ata as cuncas de café con forma de cono investido, incluso as que teñe forma de media esfera cortada por algún punto.

  • E por último hainas brancas ou en distintas cores, ou decoradas con diferentes motivos.

A combinación en dá lugar a que poidas atopar cuncas moi distintas dunhas a outras.
Clasificadas por tamaño nos dous  extremos teriamos:
  • As máis pequenas as destinadas a consumir cafés expreso só, nunha cafetería
  • E As máis grandes as cuncas de almorzo para un domicilio particular,  apropiadas igualmente para disfrutar de cafés de filtro ou de prensa francesa.
Cuncas de café de porcelá.
 
 

En moitas ocasións afirmase que son as cuncas de café en porcelana, gres ou louza son as máis adecuadas para gozar do café ao máximo. Que hai de certo?

 
Imolo a ver polo miudo.

Cuncas de café en Porcelana

A vantaxe de que perde a temperatura con máis lentitude o que de feito é un punto a favor no inverno, e  cando queremos que a bebida non se arrefríe rapidamente que por outra banda é sempre, excepto cando tomamos un café frio no verán.

Café en cunca ou vaso de vidro

Pero existen defensores do café en vaso de vidro, algúns os defenden por motivos máis estéticos que prácticos. Consideran a cunca de vidrio como máis estetica e que permite observa mellor o café. E neste último punto non lles falta razón.
 
A súa gran vantaxe é que permiten ver o interior da bebida.
 
A través dun vaso podemos observar a bonita cor do café, analizar os seus matices ou contemplar as diferentes capas se o que estamos a tomar é, algún tipo de combinado, como o capuchino ou un café bombón.
 
Tamén nos deixa analizar a espesura e a densidade da capa de crema, e controlar mellor a cantidade de leite ou azucre.
 
O vaso é perfecto para elaboracións frías como o café co xeo ou combinados de café con outras bebidas. 
 
É igualmente útil para apreciar acerto ou defectos na elevoración do café.
 
E para compensar a perda de calor cada vez son máis os especialistas en café que recorren a vasos de cristal dobre cunha cámara de aire interior que protexen a temperatura. 

A cunca branca de porcelana segue gañando nos que queremos percibir todo o aroma e o sabor do café. 

Xa sexa na casa, ou para ofrecer un café o un cliente de hostalería a porcelana é o que nos usamos e recomendamos por que entendemos que posto o positivo e o negativo do material nunha balanza sae mais favorecido o noso café nunha cunca de porcelana, si do que estamos a falar é dun café quente.

En canto á forma a cónica parece ser a que máis mantén a calor.
Evitando que conforme se vai consumindo o café se arrefríe demasiado rapido ao deixar menos superficie en contacto co aire que arrefría ao café.
 
Cuncas para café ecolóxico de cafés sabora
 

Cunca de café branca ou de cores?

 
O estudo responde positivamente a unha  sospeita persoal, de que  a cor e a textura do material inflúe na percepción do que comemos e bebemos, e o café non é unha excepción.

Por tradición, as cuncas de cafetería adoitan ser brancas e os estudos que reafirman a importancia desta cor nas sensacións e sabores que transmite. 

Deste xeito, un café en cunca branca percibímolo cun sabor máis aromático e intenso que un café en vaso.
 

O contraste do branco puro da porcelana ou cerámica co ton negro do café dános a sensación de que é máis potente e rico en matices, aínda que tomemos exactamente o mesmo café servidos en cuncas de diferentes cores.

Cuestión de percepción amigos.
O que se é máis claramente descartable son os materiais metálicos ou plásticos, nos que se perde calor rapidamente, arrefriando o café, e non teñen ningunha das vantaxes de visibilidade do contido que ten o vidro.

Conclusións sobre as cuncas de café a elixiren:

As cuncas que conservan durante máis tempo a temperatura do café son as de porcelana e as de louza, por tanto decantariámonos por estes materiais. Tanto para a cafetería como para ter na casa.
 
Excepción feita dos cafés fríos para os que apostaremos sempre polo vidro, o feito de conservar a calor non ten aquí importancia algunha para estes cafés, e o feito de poder ver o café gaña peso.

Existe unha cunca de café perfecta?

Do mesmo xeito que non tomas un viño branco nunha copa de viño tinto, ou non deberías de facelo se queres gozalo 100%, cada tipo de café require un recipiente diferente para servilo.
 
A cunca ideal para un espresso non será a mesma que para un combinado. 
 
Con todo, si existen certas características comúns ás cuncas de café que debes ter en conta á hora de elixir.
 
Se tes que escoller entre unha cunca simple ou con dobre capa, opta sempre pola segunda no caso do vidro cando vaias servir un café ou un combinado de café sempre e cando sexa quente.
 
Xa sexan de cristal ou de cerámica, este dobre illamento manterá a bebida a unha temperatura estable e sempre o tomarás nas mellores condicións.
 

Profundemos nalgunhas cuestións se a túa vaixela ten un uso intensivo como é o caso de bares, cafeterías, ou restaurantes.

O tamaño da cunca variará en función do líquido que deba conter.
 
A non ser que coñezas moi en profundidade ao clientes o máis seguro é apostar polos dous tamaños máis comúns:
  • Cunca para espresso: entre 40 e 60ml
  • Cunca para espresso dobre: entre 60 e 80ml

A compoñente resistencia ao uso para o profesional da hostalería

Ao escoller o teu xogo de cuncas é moi importante tamén que valores os coidados que requirirá.
 
Certas pezas poden non ser aptas para lavalouzas ou para programas intensivos e isto influirá no día a día da túa cafetería. Ao cliente gústalle tomar o seu café nunha cunca perfecta.
 
Asegúrate de ler ben todas as etiquetas de mantemento e consultar todas as túas dúbidas antes de adquirir un lote concreto.
 
Un aspecto esencial para tomar un bo expreso é manter as cuncas quentes.
 
Se tes unha cafeteira expreso en casa non esquezas este pequeno detalle, porque para unha correcta degustación do espresso, este débese de tomar quente. 
 
Cando servimos un espresso nunha cunca fría prodúcese unha reacción entre o líquido e o recipiente que lles levará a alcanzar un equilibrio térmico a cunca gaña a calor que perde o café. Así, o que en realidade estaremos a provocar é que o café baixe a súa temperatura rapidamente.
Se o café baixa a súa temperatura drasticamente perderanse moitos dos seus aromas e sabores que queremos en noso expreso.
É por que as cuncas deben de manterse previamente a unha temperatura adecuada que evite unha baixada brusca da temperatura do espresso recentemente preparado.
 
Existen quentadores de cuncas que manteñen as cuncas a uns 50-55ºC constantemente, pero unha solución máis práctica e igualmente efectiva é colocar as cuncas boca abaixo na bandexa superior que as máquinas de espresso de cafetería adoitan habilitar para este uso como ben saben os baristas, e como o ti teras visto nas cafeterías.

Un par de reflexións finais sobre as cuncas de café:

Ningunha boa cunca de café fixo bo a un mal café, non perdamos está verdade de vista.
Pero tamén é certo que unha cunca moi inapropiada pode estragar o disfrute dun bo café.
 
A todos gústanos o bo, e é verdade que unha cunca que nos guste esteticamente e de calidade axudará sempre a unha boa experiencia ao tomar un café.
Amellor cunca de café é aquela en coa que ti gozas tomando o teu café, todos temos algunha preferida na nosa casa, é esta ben que sexa así. 
Poida que cumpra todas as condicións para ser unha boa cunca de café, poida que non, pero se o teu gozas tomando café nela non deixes de facelo, o importante é o café o accesorio a cunca.
 
Eso si, se queres tomar una decisión máis profesinal sigue os consellos.
 
E o tí como prefires o café, en cunca, en vaso de vidro, ou en calquera outro material?
 
Que criterios utilizas ti para elixir a cunca perfecta?
 
Déixanos un comentario.
 

 

Engadir un novo comentario

Plain text

  • Non se permiten etiquetas HTML.
  • Os enderezos de páxinas web e os de correo electrónico son convertidos automaticamente en enlaces.
  • Saltos de liña e parágrafo automáticos.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

Director del Proyecto : Federico Asorey Consultoría e-Commerce
© Copyright 2020